Tes liberdade de información? Eu penso que non

in #freespeech7 years ago

Transcribín (e asinei) no perfil da @gazetagaleguia,neste artigo, a solicitude solidaria de CUAC FM solicitando das autoridades, non só o permiso para continuar súas emisións, senon tamén a reivindicación de, entre outras:

  • A defensa efectiva do dereito de liberdade de información é comunicación da cidadanía.
  • O inmediato arquivo das actividades coactivas en curso contra medios libres e comunitarios en todo o territorio do Estado.
  • O recoñecemento dos medios comunitariosde xeito real e efectivo, reservando o espazo radioeléctrico necesario, e desenvolvendo as medidas de impulso que sexan precisas para garantir o seu funcionamento de acordo cas recomendacións do Parlamento Europeo e outros organismos internacionais.
  • A concesión de licenzas a aqueles servizos audiovisuais de comunicación comunitaria que estivesen en activo antes do 1 de Xaneiro de 2009, en consonancia ca proposición non de lei aprobada polo Congreso dos Deputados en data 21/06/2017.
  • A eliminación dos límites arbitrarios existentes na lexislación actual para o desempeño dos servizos de comunicación audiovisual comunitaria e sen ánimo de lucro.

Miña opinión é que a Xunta de Galiza actua directamente contra a liberdade de información, xa que é a única razón que existe para cortar unhas emisións en un espazo radioelectrico no cal non se causan interferencias a emisoras comerciais legalmente estabelecidas (unha das causas de peche de radios libres, xa sabes... non lle pises a señal ó meu amigo que é da miña corda) nin exisindo denuncia das sociedades de autores contra a emisión de material cultural con copyright.

A decisión da Xunta e do Ministerio é simple: Ou calas ou te multo con 200.000€. E punto

Sin liberdade de información non hai democracia

definicion.png

Facendo curación o longo do Steemit, vejo que distintas persoas tratan da falla de liberdade de imprensa no lapso de unha hora. Concretamente:

Ambos artigos amosan a mesma preocupación (que comparto):

Eles querem desesperadamente obter o controle da Internet e de todos os medios de comunicación, porque querem que as coisas voltem ao jeito que costumavam ser. Mas não podemos permitir que isso aconteça, e devemos resistir a qualquer tentativa de regular a fala na Internet e todo aquelo relacionado coa censura.

A gran mentira: Isso eiquí non pasa

rsf.png

Estado da liberdade de prensa no mundo según Reporteiros sen Fronteiras

Os nosos "grandes irmaos" están re-escribindo as leis para abarcar unha serie de delitos inventados que permitan ás élites manterse nunha situación de privilexio,
Para elo, reinventan os Codigos Penais onde definen "terrorismo" de jeito impreciso, crean categorías excesivamente amplas, como "resistencia" á autoridade pública, se prohiben mensaxes nas Redes Sociais que se poidan percibir como incitación, permitense implícitamente os rexistros sin orde xudicial, intercambiase información entre servizos de seguridade internacionais obtendo información posiblemente obtida baixo tortura ... En definitiva, os estados están inventando unhas novas leis (que non xustizas) onde inventan o delito sin que exista mais dano que o de ter unha perspectiva políticamente diferente. Naturalmente non faltan recursos para garantizar todos os medios contra o delito de "albedrío".

Cómo matan as oligarquías a liberdade de información ?

  • Poñen seu imperio mediático ó Servizo do Réxime
  • Mudar a Información por entretemento
  • Usar os medios de comunicación contra dos opositores
  • Censurar todo aquelo que vaia contra dos seus intereses
  • Mercando medios de comunicación para corromper ou manipular o poder

Simple: Ou co amo, ou silenciados

É a Blockchain a garantía para a liberdade de información?

A blockchain devería ser capaz de resultar resistene a censura e as ferramentas de limitación da información.
Pode ser necesario incluir tecnoloxías complementarias para garantir dita liberdade: O uso do navegador TOR (co risco que supón o seu uso si é detectado) ou a tecnoloxía BitTorrent, xunto coa encriptación (mentras seja posibel) deberían ser as ferramentas. Certamente o uso de estas ferramentas requiren un pouco de conhecimento técnico que haberá que aportar ou ben treinando ás usuarias ou creando interfaces mais intuitivas.
Ainda así penso que a descentralización non abonda mentras a topografía física da internet siga a depender da existencia de uns poucos ISPs que poden cortar o acceso de un servidor ou priorizar as velocidades de certos hosts elexidos.

A tecnología dos contratos inteligentes, podem ser usados en micropagamentos que permitan gerenciar bolsas e criar crowfundings de lectoras, doantes ou simpatizantes que poidan querer ficar anónimos.

As blockchains descentralizadas, pero que ademais son distribuidas e que están instaladas en milleiros de ordenadores partihando fraccións de disco, como o servizo de armacenamento na nuvem Storj poderían facer inútil calquera intento de bloquear información de ningún movemento social ou individuo, o tempo que acadaríase unha notable reducción da dependencia con servizos "monopolísitcos".

Conclusión

Compre defender os dereitos adquiridos de expresión e información contra as novas formas de alienamento plantexadas polas grandes corporacións e seus estados titeres e marionetas.
Quenes creemos que é necesario que a luz da información seja nosos olhos para o entendemento das realidades, daremos valor (uso) ás ferramentas de descentralización, verificación e anonimato en tanto que nos seja possivel, así como tentaremos contribuir na nosa medida á consolidación de eses medios na quotidianía dos nosos entornos.

No teu país... Hai liberdade de información?
Estache a ajudar o Steem ou a Blockchain en geral a manterte informada imparcialmente?


@Freyman no Steem Center: Contribucións | Perfil


Bate-Papo /Chat Português | Projeto Camoes | Steemit Pt Twitter | Steem.Center Gal


Comenta, Suxire, Critica, Traduce, Partilha



Sort:  
Qurator
Your Quality Content Curator
This post has been upvoted and given the stamp of authenticity by @qurator. To join the quality content creators and receive daily upvotes click here for more info.

Qurator's exclusive support bot is now live. For more info click HERE or send some SBD and your link to @qustodian to get even more support.

Congratulations @freyman! You have completed some achievement on Steemit and have been rewarded with new badge(s) :

Award for the number of upvotes received

Click on any badge to view your own Board of Honor on SteemitBoard.
For more information about SteemitBoard, click here

If you no longer want to receive notifications, reply to this comment with the word STOP

By upvoting this notification, you can help all Steemit users. Learn how here!

Resteemed by @resteembot! Good Luck!
Curious?
The @resteembot's introduction post
The @reblogger's introduction post
Get more from @resteembot with the #resteembotsentme initiative
Check out the great posts I already resteemed.

Good post and very good information thank you for sharing with us.

Thanks a lot for reading, @alidervash

you are welcome sir

Coin Marketplace

STEEM 0.19
TRX 0.15
JST 0.029
BTC 63350.70
ETH 2595.60
USDT 1.00
SBD 2.85