Introducemyself e a nosa comunidade

Ola.
Somos a xente da Asociación Comunitaria Cultural Das Coutadas.
Un grupo de persoas que decidimos que queremos, nos presta e nos da a gaña de fedellar.
Unha traducción mais cosmopolita de ese termo sería "Hackear".
Vamos, que somos unhas xentes que queremos mudar as relacións entre as persoas para que sexan sociais e non económicas, e activar a solidariedade como motor das relacións humanas, a cultura como medio medre das persoas e das colectividades e o amor e o humor para os intres nos que as nubes (non meteorolóxicas) decidan poñerse na contra do 99% ó que pertencemos.

Vimos de legalizarnos. O impreso de legalización é tan recente que ainda cheira a novo.

impreso.jpg

Bueno, ainda non temos todos os trámites administrativos en regla (nos falta o número fiscal), pero son pasos que iremos dando amodiño e na medida en que a realidade non se mostre especialmente tozuda.

Ainda que vimos de darnos de alta no rexistro de asocicacións como asociación Galega, e adscrita a ese ámeto, xa temos realizadas unhas cantas actividades:

2017 Xuño 2

Daquela andabamos a pensar que un forno para cocer pan con leña non debería estar apagado e sin darlle uso, como era o caso do que está na casa de Xana....
Por aquelo de ir a percurar barro, mover a leña etc pensamos que deberíamos ter un veiculo de empresa que nos facilitara as tarefas. Esta imaxe é da súa primeira aparición pública (como veiculo de empresa, non como utensilio privado)

veiculo de empresa.jpg

Xena de costas, im-presionada mirando para o veiculo de empresa

A experiencia de facer pan foi altamente gratificante, tanto polo proceso como pola compañía, ainda que somos algo reacios o tema das fotos... pero mirase ben o forno mais o pan.... ;-)

bola_apn.jpg

Ainda que non de xeito asíduo seguimos facendo pan de masa nai por lecer e dar uso de unhas instalacións que merecen respeto polo que traen de vello e pola posibilidade de tornalo nun elemento comunitario.
A reportaxe de ese día xa está no Steemit NESTE POST. ¿Non tes curiosidade?

pan.jpg

¡ PAN!! (Pan pan)

2017 Xuño 13

  • A actividade para esta data foi un taller de Dogecoin. Nada do outro mundo... coller uns cantos doges de unha doazón e aprender a coñecer as carteiras, facer traspasos, usar carteira de papel e tal. Cando menos no noso bairro foi a primeira actividade de este xeito...
    O pobre evento no Facebook está neste link,
    En aquel momento en que as cousas non tiñan nome e para nomealas había que sinalalas co dedo, creíamos que iamos chamarnos Acción Cervexeira, xa que ese é un dos medios de financiación que temos en mente. Non tardamos moito a decatarnos de que non era a denominación mais adecuada.. pero...

O cartaz polo que optamos pretendeu ser unha chamada de atención sobre o uso sexista dos corpos na publicidade, polo que escollemos este eslogan: "A economía dixital saca peito en Beade", e vaia se tiña peito ... ;-)

taller_dogecoin.jpg

  • Nosa primeira cervexa (fabricada a partires de extracto), da que xa non queda mais que unha mostra testemuñal. Era unha Evil-Dog Double IPA.... pouca documentación quedanos das catas, pero algunha foto do día de fabricación seguro que hai... deixademe buscar....


A foto que apareceu foi a do día de embotellar. NESTE POST no STEEMIT hai mais.

2017 Septembro 05

  • Nesta data instalamos noso primeiro ponto de Bookcrossing no barrio.
    A iniciativa pretende o mesmo tempo crear diversos puntos de troco de libros, e crear unha biblioteca comunitaria descentralizada (baseada en nodos de cercanía) axudados pola ferramenta Lybrary things.

Como imaxe para difundir o evento usamos unha imaxe do mestre Quesada de fai mais de 30 anos, onde uns paisanos leen... o periódico que outro mercou....

biblio_comunitaria_anuncio.png

Un momento de recollida de unha doazón de libros, co veiculo de empresa incluido....

recollida libros.jpg

O aspecto da estantería seguramente se pode mellorar, pero coincidiredes con nos en que está "Hackeada" en toda regla....

steembookx.jpg

Respecto o ponto de troca de libros, estamos a preparar unha idea que partiu de @wagneratamanaha que creemos que nos pode (a todos) dar resultados excelentes, tanto para potenciar a troca de libros como para toda a comundade de Steemians amantes da lectura.

2017 Agosto 31

  • De esta actividade non fixemos difusión, e non asistimos mais que as persoas nucleares da asociación. Todas tiñamos a curiosidade de coñecer o proceso de fabricación do xabón..... e fixemolo, coa axuda de Cristina.

... por certo... así estreamos nosa conta no Dtube.... con este video currado por @xana

https://dtube.video/#!/v/accioncultural/7x1fa33b

2017 Septembro 15

  • A actividade que estamos a artellar e que celebraremos o venres 15 é unha cata de cervexas belgas. O respecto iremos informandovos xa en vivo e en directo... (ou case...) xa que como todo o que facemos (ejem) está tan verde que hai que sinalalo co dedo para nomealo.
    Deixamosvos o cartaz de presentación da cata....

cata_birras.png

Pois encantados de coñecervos. Un saúdo a todas e a todos, e imos falando.
Apertas apretadas.

Sort:  

Welcome to Steem @accioncultural I have upvoted and sent you a tip

Awesome! I noticed that you joined recently so I'd like to offer you my welcome. One upvote for you and I hope you will some day do the same!
I know how hard it is to get big upvotes on a new account so you could give @MinnowPowerUp a go. This service lets you earn up to 30% more steem power than just powering up! It's a subscription based daily upvote bot that draws its power from a delegation pool. I also recently made this post explaining my experience with it in more depth while earning over $1 per day in upvotes.

Benvidos e benvidas á comunidade galega do Steemit.

Steemit_Pt Steemit_Portugues tweeted @ 14 Sep 2017 - 01:15 UTC

Introducemyself e a nosa comunidade — Steemit

steemit.com/introducemysel… / https://t.co/SeL7HAdDs9

Disclaimer: I am just a bot trying to be helpful.

This post has received a 3.13 % upvote from @drotto thanks to: @freyman.

manuelfreiria Manuel Freiría tweeted @ 14 Sep 2017 - 01:02 UTC

Introducemyself e a nosa comunidade — Steemit

steemit.com/introducemysel… / https://t.co/sFX39CshCF

Disclaimer: I am just a bot trying to be helpful.

welcome to steemit!!

This post has received a 12.99 % upvote from @upgoater thanks to: @freyman. Please vote @swelker101 for witness

Congratulations @accioncultural! You have completed some achievement on Steemit and have been rewarded with new badge(s) :

You published your First Post
You got a First Vote
You made your First Vote
Award for the number of upvotes received

Click on any badge to view your own Board of Honor on SteemitBoard.
For more information about SteemitBoard, click here

If you no longer want to receive notifications, reply to this comment with the word STOP

By upvoting this notification, you can help all Steemit users. Learn how here!

Coin Marketplace

STEEM 0.19
TRX 0.15
JST 0.029
BTC 62629.89
ETH 2572.37
USDT 1.00
SBD 2.74