You are viewing a single comment's thread from:

RE: Apuntaste a Seleccionar contidos en Português ? (Non vas ficar millonario de SBDs .. :-)

in #portugues7 years ago

Entendeu ben, prezado @manandezo.... a idea é percurar apoio mútuo e interacción entre as xentes das falas da [galeguía] (Nota) dentro do Steemit, e tamén como xeito de potenciar e valorizar as xeografías das persoas "da fala".

Valorizar as xeografías "da fala" ten relación con que (salvo o Brasil) a maior parte dos estados lusófonos están no 3º senon no 4º Mundo, e as axudas en "modo turismo" e "comercio xusto -si elo fora posible-" poden ser de inmenso valor para nosas xentes.

Por outra banda, entendemos que distribuindo a metade dos beneficios (?) dos posts entre as curadoras, axudará a gratificar o traballo das voluntarias, e o tempo, orzar a carga de SP da conta @gazetagaleguia, e si o rumbo fora bon, quen sabe.... chegar a crear unha Testemuña Steemit xestionada por e para as lusófonas, coas súas apps e todo iso que os sonhos deixa ver e a realidade desmonta con catro números escritos nunha libreta.

Polo demais... ir andando para facer camiño,
Eu fico leda coa resposta das persoas, e en xeral a acollida que ten "A Gazeta" entre as compañeiras.

Como vç dí, non sempre se poderá estar no Steemit, xa que a realidade ten o mal vicio de apretar e sacar a unha das súas zoas de confort, mais co esforzo colectivo xogaremos a romper un chisco esta uniformización que nos trae o "inglés".

Nota: (Galeguía? Chamolle así polo lúcido artigo de Aline Frazao: Trocar a lusofonía pola galeguía)

PS: Un día, sonhando, escribironse os principios da GazetaGz. Se non valen... non temos outros.

Apertas fraternais.

Coin Marketplace

STEEM 0.18
TRX 0.16
JST 0.030
BTC 62149.46
ETH 2438.84
USDT 1.00
SBD 2.68