Qué é o Limiar de Poeira e cómo evitalo.

in #dust-threshold6 years ago

limiar_de-poeira_steemit_dust_threshold.png

C.C Corporal Alicia M. Garcia / Sandstorm in Al Asad, Iraq

O qué é o "limiar de POEIRA"

No código actual de Steemit define que si un post ou un comentario ganha entre 0.001 e 0.019 en recompensas, esta cifra redondeasea a 0.00. Si un post ou comentario acada cando menos 0.02 SBD entón cobrará súa recompensa.

Detalles Técnicos

Tomo esta referencia de @timcliff neste post
Esta sección de código é a que define actualmente o "limiar de poeira" (0.002 SBD) e cuxo código podedes atopar en GitHub

Limiar de poeira_ Treshold

Efectos do limiar de Poeira sob os peixinhos

Conhecendo esta limitación do código, os peixinhos deben mudar súas estratexias.
Para quen gosta de facer upvotes, chega a meterse nun compromiso... na medida que da reconchecemento á autora co voto (quen non gosta de ter un post con varios votos... ''') pero si é o único voto recibido ou non acada o limiar falado a usuaria non recibiría recompensa, polo cal pode ser que tenhas que fiar moi fino para estar segura de que o dinheiro do teu voto non vai ir de volta para o "Pool".

Persoalmente creo que esta política desincentiva ás usuarias a participar na plataforma ó ver que os votos que recibe non se concretan en recompensas, solo en votos testimoniais.

Cómo reducir os efectos do "limiar de poeira"

Existen varias posibilidades que se me ocurren para limitar o "Efecto do limiar de poeira". Seguro que ti tamén tes algunha idea de como reducir o impacto e recoller eses céntimos que nos quedan polo caminho.

  • Autovoto
    O auto voto é unha opción válida a que calquera pode acudir. Estando teu post por debaixo do limiar un autovoto pode traer para túa carteira o importe íntegro das recompensas. O mesmo para os comentarios.

  • Uso de @steembasicincome

@Steembasicincome é un programa onde podes mercar SBI Shares Como verás accedendo ó artigo explicativo, e que co envío de un STEEM ti estás a mercar un voto deles para toda a vida para todos os teus posts.
O valor do voto de 1 Share SBI // Steem Basic Income non é demasiado alto, pero posiblemente seja o suficiente para tirar ese post teu do "limiar de poeira".
Na data que escribo isto un voto do Pool SBI5 rende 0.01$.

Presentabase hai uns días o perfil, @Dustsweeper, un bot creado por @davemccoy e @danielsaori apoiado polo STEEM Witness, @danielsaori. A presentación facíase neste post.[ANN] Introducing Dustsweeper. A new service to turn Dust into Profit.

Inscribindote en @dustsweeper serás quen de ter teus posts livres da "poeira" automáticamente.
É un bot amigable e simple que pode resultar interesante para eliminanr a poeira financieira dos teus posts ou coments, podendo asegurar que recibes os pagos de todos os votos recibidos.

O funcionamento de este bot é como sigue:
Si recibes un upvote de valor inferior a $0.0249, ou cuxo valor mosterese como $0.00, $0.01, ou $0.02. @dustsweeper percurará por estes valores no sexto día de publicación ou comentario, e emitirá un voto de $0.028 automáticamente, de forma que cobrarás o resto dos votos recibidos.

Webgrafía


Obrigado polo cariño, tempo e atención. Nos vemos.

Podeche interesar tamén...

Sort:  

this is an awesome job of letting people know! I'm thrilled to see you explaining the service and glad you like it :)

I've already joined #dustsweeper
I wish you success!
Regards

Coin Marketplace

STEEM 0.17
TRX 0.15
JST 0.028
BTC 60202.34
ETH 2423.33
USDT 1.00
SBD 2.43