4 ferramentas para Rexistro do CopyRight de Imaxes nas BlockChains.

in #dereitosdeautor6 years ago

Ola a todos e a todas.
Logo de que o amigo Miguel tomase unha linda foto de "Gigi", a gata da familia, e pensando en partillala en algunha rede social preguntandonos canta posibilidade de monetización tiña, esas cousas .... xa sabedes... tamén reparamos na posibilidade de que alguén apoderarase da súa autoría. (A foto é linda, pero con un tamano inadecuado para uso comercial)

Amén de liberar a imaxe no Flickr, e liberala baixo licenza Creative Commons, eu desexaba publicala en algún lugar onde a marca de tempo da publicación fora inmutable... e foi así como me pusen a percurar servizos de Rexistro de Copyright nas blockchains.

Dereitos de autor: Antecedentes Legales (Estado Español)

Ver no Texto refundido da Lei de Propiedade Intelectual no BOE

Dereitos de Autor

  • Artígo 1. Feito Xenerador

A propiedade intelectual de unha obra literaria, artística ou centífica corresponde ó autor polo solo feito da súa creación.(BOE)

  • Artigo 2. Contido.

A propiedade intelectual está integrada por dereitos de carácter persoal e patrimonial, que atribuen a persoa autora a plana disposición e o dereito exclusivo á explotación da obra, sin mais limitacións que as estabelecidas pola lei.(BOE)

  • Debese inferir de isto, que toda obra está protexida pola Propiedade Intelectual en canto son criadas.
  • O rexistro de unha obra na blockchain non garante a autoría, senon que manifesta o momento da reclamación de esta.
  • No caso de publicacións dixitais, publicar unha obra sin unha marca ou sinal do tempo inmutable é tanto como perder súa posesión.

4 ferramentas para Rexistro do CopyRight de Imaxes nas BlockChains.

Probamos mais sites para tentar certificar a "orixinalidade" da nosa obra. Estes catro funcionaron.*

Ascribe

Ascribe é un servizo que permite ás criadoras demostrar a posesión dos dereitos de criador, así como partilhar e seguri de forma segura a historia de un traballo dixital.

ascribe_rexistrar.png

Binded

Sin prometer validez legal, Binded.comofrece unha aplicacion web de balde que permite as usuarias reixtrar a propieade intelectual das súas imaxes gratuitamente.
Das aplicacións probadas, Binded é a única que "dice" contrastar a existencia da imaxe que estás a subir. (buscando coincidencias nos seus propios rexistros)
Binded cria un rexistro permanente na Blockchain de Bitcoin que amosa a información de cando foi rexistrada a imaxe. Binded tamén permite ás usuarias manexar e monitorizar o uso dos seus copyrights, incluindo a habilidade (non funcional ainda) de realizar o rexistro na oficina de CopyRight dos EUA.

Conectase coa API de Facebook, Instagram e Twitter para rexistrar con 2 clicks teu traballo nesta redes.
Moi interesante o projeto, sen dúbida.

Importando imaxes para binded.com dende instagram, facebook, twitter, dropbox, flickr e drive.png

Importando imaxes para binded.com dende instagram, facebook, twitter, dropbox, flickr e drive

NEM Apostille

Por o módico prezo de un NEM podemos rexistrar nosa obra con NanoWallet.

Como xustificante de notarización recibimos un arquivo ZIP con Fichero con nome_ficheiro_Hash_Transferencia, FicheroTexto.nty con los datos anteriores e elegante .xustificante.jpg con con qr á transferencia

Ver JPG Notarización | Ver e verificar, si procede) Imaxen.

notarizacion_xem.png

Proofofexistence*

Proofofexistence nos permite criar unha proba de existencia de unha obra por 0.5 mBTC. Estou caseque seguro de que funciona, pero a carteira de bittrex non se está a manexar estes días con cantidades pequenas.

Captura de pantalla do site proof of existence

Faredesme feliz se esta información resultouvos de utilidade.
Nos leemos.

Licencia de Creative Commons
Este obra está bajo una licencia de Creative Commons Reconocimiento 4.0 Internacional.

Podeche interesar...

Sort:  

Coin Marketplace

STEEM 0.28
TRX 0.12
JST 0.032
BTC 62521.03
ETH 3025.04
USDT 1.00
SBD 3.97