Steemit Básico: Eres un bon curador dos teus PROPIOS contidos ? By @denmarkguy

in #steemit7 years ago

Author @denmarkguy
Fonte do texto: Steemit Basics: Are You a Good Curator of Your OWN Content?

Pasaron xa varios meses dende que empecei a publicar blogues no Steemit, e podo decir con seguridade, que un dos aspectos favoritos de este lugar é que eiquí hai un verdadeiro sentido de comunidade.

Ainda que outros sitios sociais aseguran ter "todo sobre o social", a meirande parte do tempo as conexións reais que facemos neles tenden a ser fráxiles e superficiais.

Steemit é diferente

Pero... ¿Cómo se crean comunidades?

abellas_recortado.png
Imaxe Dominio Público dende Pixabay

Decir comunidades é falar de CONEXIÓN. O tempo, as conexións faportan un sentimento de "pertenencia" a algo, que somos parte de algo. O sentemento de "ser parte" xorde porque alguén interactúa co noso contido de un xeito mais fondo que publicar un "smiley" ou deixar unha pegada de "eu tamen" nun post. Neses intres sentimos que estamonos dirixindo a unha persoa real.

A parte importante que debemos lembrar eiquí, é que a "conexión" é unha experiencia de dúas vias, e esta non se detén logo de que me digan "Olá" e a outra resposteme con outro "olá" ... e logo quedemos alí nun silencio incómodo.

Nós construiremos comunidade a partires do contato inicial.

Qué ten que ver isto co contido en Steemit e a curación de contidos ??

Retroalimentación, curación de contidos
Fonte da Imaxe

Un post orixinal no Steemit é basicamente como un "Olá" que queda a flotar na comunidade. Logo recibimos comentarios que veñen sendo outros "olá" vindo de novo cara a nos. Estamos comenzando unha relación. Empezamos a crear comunidade (NT)

Mais para tirar o maior proveito da experiencia do Steemit, realmente ainda non terminache.
Algúns dos momentos mais interesantes no Steemit proveñen como resultado de diálogos desenvoltos a partires de un comentario... así que toma teu tempo en voltar ós teus posts pasados e respostar ós comentarios das outras usuarias. Isto é parte da "net-etiqueta" do blogging, e manifestalle ás potenciais seguidoras que eres unha "participante activa" co teu contido... non só alguén que "postea e postea".

Lembra que podes votar ós comentarios ... e as respostas ós comentarios.

Cando alguén aporte un comentario especialmente perspicaz ou elaborado, é elegante deixarlle un comentario e facerlle "upvote". Si xa levas conseguido un pouco de Steem Power, teu voto suporá tamén uns céntimos no seu "peto dos tips", por decilo de algún xeito. Como ves, os posts orixinais non son a única maneira de gañar ou recompensar.

Lembra: Teu contido "vive" durante 7 días

clock.png
Imaxe Dominio Público Maxpixel

Non todas chequean seus fios no Steemit diariamente .... e en ocasións obterás novos comentarios días despois de que postearas algo, e cicais publicaras xa varias cousas dende aquela. É moi doado votar unha ollada ós novos comentarios, espEcialemente si eres bastante activa e segue a moita xente.
Intento revisitar meus posts "mais vellos" regularmente atat que acadan o tempo límite de pago, na percura de comentarios novos, ou incluso "respostas ás respostas".

Tampouco esquezas os comentarios que deixaches en calquera lado !!!

Si leemos e comentamos nos posts de outras persoas, é doado esquecer que temos "contido activo" en lugares que non son os nosos propios posts.

As veces algunhas de estas interesantes "discusións" que mencionei antes, teñen lugar na sección de comentarios de alguén, e non no propio contido orixinal.

Cando menos unha vez ó día, eu voto un pouco de tempo revisando con detenemento as notificacións da pestana "Replies", ainda que non pareza que haxa nada novo.... As veces sorprendome da cantidade de cousas que levo perdido.

Por qué curar o propio contido? Non é iso unha chea de TRABALLO ??


Hand Car Animation with men - small

O que sigue, de acordo, é unha cuestión persoal, non embargantes, está baseada en 20 anos de experiencia como blogueiro en diversas plataformas ... e a miña "lección" é que é preferible traballar unha comunidade pequena. pero activa e dedicada, que ter un gran número de seguidoras ás que realmente non lle importa moito ou non interactúan cos teus contidos.

Lembro unha discusión con un "experto" en Twitter nun post .... que me contaba que podíame proporcionar "milleiros" de seguidoras. Eu pregunteille cantos dos seus mais de 60.000 seguidoras leian realmente algún dos seus artigos cando os anunciaba. Como era de esperar, eu obtiña mais lecturas das miñas 1500 seguidoras escollidas "manualmente" que as que el acadaba cos seus 60.000.

Os números non o son todo ... A calidade importa!!

Desculpas para aquelas ás que este post poidalles pareceer moi básico.... Coa cantidade de persoas recén chegadas ó steemit este díaas (+1000 novas contas por día) pensei que podía ser bon repasar algúns conceptos básicos que ¡ Ogalla coñecera cando empecei !!!
Que dices ti ???

  • Consideraste un bon curador dos teus propios contidos?
  • É a comunidade unha parte importante do teu vencello co Steemit?
  • Fas a maior parte das cousas enumeradas arriba?
  • Crees que hai outros elementos importantes que esqueciń mnesta lista?

Deixa un comentario e partilla a experiencia !! Grazas.

Agradecer de novo a @denmarkguy por permitirme partillar este contido coa comunidade da Galeguía no Steemit.

Partillarrei ó 50% os ingresos de esta traducción con @denmarkguy
I will share 50% of profits with @denmarkguy.

Grazas por leer, partillar e comentar. Obrigado.

Coin Marketplace

STEEM 0.18
TRX 0.14
JST 0.030
BTC 59634.42
ETH 3191.92
USDT 1.00
SBD 2.45