#Pt: Unha cuestión de Etiqueta [#Tag]

in #seo7 years ago

Abstract:

This text discusses the need to define labels in order to achieve SEO success in Steemit.com, and as the redundancy of idiomatic tags impoverishes the results of our posts by not addressing the specific niche specific market that is targeted.

Resumo:

Este texto versa arredor da necesidade de definir as etiquetas en función de acadar éxito no ámeto SEO nas percuas do Steemit.com, e como a redundancia de etiquetas de idioma empobrece os resultadas das percuras, ó non estar dirixidos cara un nicho específico de audiencia.

galeguia, tags, etiquetas, seo

Fonte da Imaxe: C.C Wikimedia

Foi a solicitude de apoio expresa ó post We Need a "Portuguese" Tag de @jsantana o que me fixo reflexionar arredor das etiquetas e súa función.
Antes de nada decir que si é necesario que unha etiqueta esté rexistrada, eu creo que .#portuguese debe estar fora dos tópico que sexan considerados como SPAM, e sumome a petitición de que se inclua nese posible rexistro de verbas chave "autorizadas".

pero deixademe ir de vagar e presentarvos miña idea:

Qué é unha etiqueta?

  • As etiquetas son as verbas chave que nos axudan a navegar a través da Interface de Usuario do Steemit.com.[Steem.Center:Etiqueta]
  • A etiqueta é uma palavra que resume os temas principais de um texto. Identifica ideias e temas de especial importância para servir de referência a pesquisas. Um único parágrafo pode conter várias palavras-chave. Wikipedia: Palavra Chave

Qué etiquetas debense usar?


Parece obvio que as etiquetas que se utilicen estén relacionadas co post e que resultaranlles lóxicas e inmediatas ás usuarias.
A etiqueta vai ser o elemento que dé visibilidade o meu post. Canto mais específico resulte, tanto mellor para a usuaria que percure o tópico, e para nos, xa que as usuarias atoparán de maior valor o contido porque coincide coa súa percura.

Outras normas que afectan ás etiquetas


  • Podese pecurar a traverso das etiquetas mais usadas usando o enlace "Explore", no menú principal. (Parte superior dereita do monitor)
  • Sexa coidadosa cando elixa súas etiquetas. Si súas etiquetas non están relacionadas co teu contido, pode ser penalizado con votos negativos por ter información enganosa.
  • Todas as etiquetas deben ser escritas en minúsculas. Os espazos non están permitidos, pero si o están as verbas concatenadas con un guión simple.
  • A primeira etiqueta será a que defina a categoría principal na que se incluirá o post.

Un exemplo de etiquetado

Viume o miolo a verba "strawberry", fixen a percura e escollín este post o chou.

galeguia, amorodo, etiquetas, tag

Receita de marmelada de amorodo Imaxe por @allasyummyfood

As verbas chave que a autora elexiu para esta publicación foron food recipe video blog youtube

Guiandome polos consellos de @SteemCleaners, e sumando o compoñente SEO, analizo as etiquetas neste post:
Steem Cleaners: Tag Spam & High Frequency Posting Guide

  • blog: O post está en un blog. Dende o punto de vista conceptual a etiqueta é perfecta. De feito todos os posts de Steemit.com son blog.
    Dende o punto de vista SEO, a etiqueta blogdevolve resultados sumamente heteroxeneos, onde noso contido nunca vai destacar.
    Fio Trending Blog en Steemit aghora

  • video: O post contén un video.
    Dende o punto de vista SEO a etiqueta non aporta nada. A percura en Trending coa verba video aghora devolverá unha ensalada de resultados onde o post pasará desapercibido. (aparecen animales, música, bromas...¿receitas?)

  • ỳoutubeO video que contén o post é de Youtube.
    Nosa receita de marmelada de amorodos seguramente non se sentirá moi cómoda entre videos da mais diversa categoría. Fio de Trending Youtube aghora.

  • food : Certamente o post fala de comida. O [fio de Trending para Food] devolve resultados relacionados coa comida, receitas, restaurantes, viaxes, e lugares.
    Dende a perspectiva SEO, nosa receita de marmelada está en un mal lugar para destacar.

  • recipe: Sen dúbida é un post sobre receitas. Faiseme doado pensar que o termo recipeeste dentro de unha busca, e de feito devolve resultados homoxeneos.
    Fio Trending Recipe Aghora

Etiquetas que brilan pola ausencia
  • jamParece Obvio. O artigo fala de mermelada e non está incluido como etiqueta, polo que non poderá aparecer na percura en Trending.
    Neste fio aparecen efectivamente receitas de marmelada e uns cantos posts SPAM(Non relacionados). Noso post aparecería na primeira páxina de resultados.
    Fio Trending "jam" Aghora

  • strawberry Outra etiqueta que parece obvia, xa que é parte integrante e principal da receitaque estamos a preparar.
    Dende o punto de vista SEO parece fundamental, que neste momento non devolve mais que catro resultados, resultando entón que o noso post aparecería na primeira páxina de resultados necesariamente.

Cada unha debe tirar súas propias conclusións e decidir que etiquetas debe usar: Si etiquetas xenéricas, que fagan que seu post pase desapercibido ou outras que o leven ata os ollos das usuarias.

As etiquetas de idioma

Teóricamente, as etiquetas de idioma servirán para atopar posts nun idioma determiñado. Así é suxerido na Steemit.FAQ oonde deixa o que eu entendo son recomendacións:

idiomas.png, tag, etiquetas, pt, br, gal)

Mantendome no anterior fio argumental, onde as etiquetas son verbas chave que nos permiten clasificar nosos contidos, e permitir que as outras usuarias os atopen de un xeito doado, preguntome cal é a necesidade de manter unha etiqueta de idioma, mais aló de cuestións políticas ou que reivindiquen unha que logo pasarei (co voso permiso) a discutir.

O caso da Cacharola ou Fervenza

Tiña que testar isto, así que creei un post adrede que me permitira observar os resultados de empregar verbas únicas como etiquetas,q ue fagan que cheguen o meu post as persoas realmente interesadas no concepto. Cachoeira, Fervenza, Cascada, Waterfall: Unha cuestión de etiquetas #tags.

Estes son os resultados:

Como podemos ver os resultados destacan por resultar sumamente específicos. Isto é o que debemos esperar dos nosos posts. Que caian nos ollos das persoas que realmente queiran escoitar falar do tema que presentamos. De este exercicio, eu persoalmente, chego a conclusión que a etiqueta idioma non é relevante dende a perspectiva SEO.

A etiqueta idioma como elemento político

Dende a perspectiva política, pode entenderse a etiqueta idioma como aquela que aglomera dentro de si un concepto territorial ou lingüistico, mais tamén para posicionarse de maneira efectiva ante cuestións que afectan a xestión ou normativa de un territorio.

Etiquetas lusófonas en uso


Tomo parte dos datos para elaborar este parágrafo de @lukmarcus: Map and analysis of ALL non-English European communities on Steemit with my advices about tags. Non devolve resultados nin en fio /trending nin en fio /created)

  • **.#br # Brasil # Brazil: **Etiqueta adicada ó Brasil como espazo xeográfico.
    Moitas dos posts con etiquetas como estas están acompañadas das verbas # portugues ou # portuguese

  • ,# gal: corresponderiase co territorio e lingoa de Galiza, incluindo a Galiza Irredenta.
    Políticamente adscribe o territorio e proporciona á poboación galega un xeito de dirixirse exclusivamente a ela, ou na lingoa da Galiza creando un elemento diferenciador co español. (ainda que xurídicamente podese decir que o galego é español)
    Coincide tamén co dominio de alto nivel da internet para Galiza

  • .# pt: Etiqueta pouco usada. Correspondese co código iso de Portugal Estado, o dominio de alto nivel para Portugal, e tamén como código ISO 639 alpha-2 para o idioma portugues.
    Wikipedia: PT desambiguación
    Os galegos temos interés en empregar esa etiqueta para indicar que noso post está escrito coa normativa AGAL

  • .# Portuguese: Denomiñación do idioma portugues en lingoa inglesa. É relativamente usada, moitas veces acompañada da etiqueta # portugues.
    Ten sentido que exista para amosar resultados a persoas non lúsófonas en lingoa portuguesa.
    Naturalmente eu non utilizarei esta etiqueta, xa que non escribo para que meus posts os atopen ingleses falantes, ainda que si apoio o rexistro de tal etiqueta, en caso de ser posible, como pide @jsantana no seu post We Need a "Portuguese" Tag

  • .# Portugues: A língua portuguesa. È uma língua românica flexiva originada no galego-português falado no Reino da Galiza e no norte de Portugal.
    Esta etiqueta usase con frecuencia, moitas veces usada acompañada da verba # portuguese.
    Políticamente esta etiqueta pode e debe ser usada polas usuarias galegas por ter textos escritos na normativa AGAL, e tamén defendendo a integración de pleno dereito de Galiza dentro da Comunidade de Paises da Lingua Portugesa -CPLP.

A etiqueta idioma como elemento SEO

Subxetivizo pensando que a etiqueta idioma devolve resultados pobres dende o punto de vista da creadora. O resultado aparecerá difuso entre centenares de outros posts con contidos altamente heteroxeneos, senon incluso dispares.
Se para acadar maior audiencia unha escritora emprega varias etiquetas de idioma portugues, portuguese, realmente o que está facendo é perder unha oportunidade única de apuntar a súa "cliente final", que si me permitides, usando o exemplo anterior, percura cachoeira, fervenza, cascadaou waterfallpara chegar ós contidos do seu interese.

Eu prefiro # Pt

Remato esta exposición coa conclusión de que a etiqueta acaida para marcar os textos escritos en lingoa portuguesa, debe ser .#Pt, e o fago baseandome nas seguintes razóns:
(Pode ser que non te convenza a miña razón, tenta ti razonarme que outra posición e mellor. Non son de ideas inamovibles):

  • .# É mais breve.
    Poderache parecer un argumento valeiro, pero aforrar letras é importante cando estás escribindo, e tamén cando te están percurando.

  • .#Pt Está escrito en Portugues
    Parece razoable que a verba chave de un artigo esté escrito na súa forma nativa, pola mesma razón que si queremos leer cousas arredor das cachoeirasnon percuremos waterfalls no Steemit.com

  • .#Pt é código ISO 639 alpha-2 para o idioma portugues

  • .#Pt abrangue a todas as comunidades que falan Português
    O Portugues é a lingoa oficial deAngola, Brazil, Cape Verde, East Timor, Equatorial Guinea, Galiza, Guinea-Bissau, Mozambique, Portugal, São Tomé and Príncipe
    É un idioma minoritario recoñecido en Macau, e India

  • .#Pt é doado de recoñecer e lembrar.

Conclusión final

Como levamos mirado ó longo do texto, o uso das etiquetas é vital para que nosos posts sexan atopados en forma. (Outra cuestión é que ademais sexan atopados en tempo para recibir as maiores recompensas do Steemit.com.)
É doado observar que o uso de varias etiquetas de idioma poden ser contrapoducentes si nos limitan a posibilidade de exposición dos conceptos principais do noso post, polo que pode ser innecesario usar ningunha, a menos que pretendase usar unha connotación de tipo político ou de comunidade.
e Final: As etiquetas deben referirse ó post como un espello reflexa unha imaxe.

E dando exemplo, etiquetarei este texto como:
Esplicome:
.#SEO. Porque fala do concepto de busca orgánica. O termo podese considerar universal
.#Curation Porque é onde eu buscaría contidos relacionados coa curación de contidos,
.#ŧag Porque teño interés que as persoas inglesas que percuren ese concepto me atopen, e si é posible que usen este artigo como referencia.
Tamén porque o concepto tag é amplamente utilizado, e non da lugar confusión como pode dar...
.#etiqueta : Que é do que estamos falando, pero pode confundirse co concepto de "saber estar"
.#pt Porque quero ser atopado por persoas que percuren textos en este idioma, e igual me leen porque están aburridos.

Obrigada por ter leido ata eiquí.

Podes obter o código fonte de este artigo eiqui



@Freyman no Steem Center:

Contribucións | Perfil


Bate-Papo /Chat Portugues | Gazeta Fb Fan Page | Steemit Pt Twitter | Steem.Center Gal | Steem.Center Pt |


Comenta, Suxire, Critica, Partilha

Sort:  

Great post, thanks for sharing! I gave you a vote. I hope you enjoy it.

Lendo este post, lembrei-me de adicionar a tag #pt , que estava faltando no Observador Steem. Valeu!

Obrigado !!
Espero que a canle #pt de moito que falar!
Saúde.

Eu também concordo em usar a tag #pt, mais seguiremos a percurar contidos de calidade en Portugues teñan a etiqueta que teñan.

A tag pt parece interessante @freyman. Obrigado pelo apoio e menção ao meu post. Grande abraço!

Obrigado polo comentario, @jsantana

Eu também concordo em usar a tag #pt

Obrigado por leer.
Saúde.

Muito interessante o artigo sobre as etiquetas, @freyman. Creio ser #pt uma ótima escolha para todos de nosso doce mundo galeguso (amo invenções carinhosas).

Abraços, paz e bem!

Estimado @manandezo, estou a mirar o titular ...

#Palabro: #galeguso
Gosto do concepto. :D

Adorei! Que sigamos sempre avante! =)

Coin Marketplace

STEEM 0.18
TRX 0.15
JST 0.029
BTC 63837.42
ETH 2539.78
USDT 1.00
SBD 2.65