1ª Cata de Cervejas AC-DC // Beer

in #cerveja7 years ago

O 15 do presente, AC-DC realiza o seu primeiro encontro de cata de cervejas.
Adecuandonos ós conceptos de variedade, calidade e prezo, imos valorar 6 variedades sumamente distantes, que van dende cervejas de fermentación espontanea ata a complexidade das cervejas creadas con levaduras diferentes en distintas cubas.

O evento está preparado para un máximo de 12 persoas, e realizaremos a cata en un local posto a disposición polas socias.

Evento no Facebook

cata1_.20170915_2svg.png

Material Auxiliar:

Folla de Cata:

Esta é a nosa primeira folla de cata, e non imos decir que saiu toda ela do noso maxín. Mais ben é unha folla que recolle conceptos amplamente usados nas catas, ainda que seguramente será mellorable.
A experiencia e o uso mellorará este documento que debería servir de guía a quen queira iniciarse na cata de cervejas.

folla_de_cata.png

A Selección de Cervejas:

Brugge Tripel

  • Fabricada con Malta de trigo.
  • Altamente especiada.
  • Alcol 8.7 % en volume
  • Típica de Brugge / Belgique

Duvel:

  • O nome de esta cerveja, provén de unha deturpación do flamenco, e significa demo.
  • Fabricase con orxo de dúas carreiras provinte de France e Belgique.
  • Cor entre 7 e 9 .
  • Lupos: Saaz e Styrian Goldings. 29/31 EBUs
  • Densidade orixinal: 1068
  • Alcol: 8.5% en volume ou 6.8% en peso.

Hoegaarden

  • Cervexa branca, afrutada e chispeante.
  • Composición: Auga, malta de orxo, trigo, lúpo e lévedo.
  • 4.9% alcol en volume.

Lindemans Faro

  • É unha lambeec endulzada con sucre cande e edulcorantes..
  • Ten proceso de pasteurización para deter a fermetnación en botella.
  • Contén malta de orxo e tribo.
  • Alcol 4.7% en volume.
  • Fin de paso en boca refrescante e ácedo.
  • Complexa variedade tradicional.

Leffe Radieuse

  • Ingredientes: Exclusivamente malta de orxo.
  • Fabricada na Abadía de Leffe
  • 8.2º alcol en volume.
  • Sabor cítirico e aromatizada con cilantro.

Maredsous Bruin

  • Cervexa de fermentación alta fabricada según a tradición trapense polos frades benedictinos de Maredsous.
  • Refermentada en botella.
  • 8% alcol en volume.
  • Contén xarabe de glucosa.

Índice do Blogue Acción Comunitaria Cultural das Coutadas:

Sort:  

manuelfreiria Manuel Freiría tweeted @ 14 Sep 2017 - 15:17 UTC

1ª Cata de Cervejas AC-DC // Beer — Steemit

steemit.com/cerveja/@accio… / https://t.co/rNvUl2emmX

Disclaimer: I am just a bot trying to be helpful.

Steemit_Pt Steemit_Portugues tweeted @ 14 Sep 2017 - 15:14 UTC

1ª Cata de Cervejas AC-DC // Beer — Steemit

steemit.com/cerveja/@accio… / https://t.co/iqqgWJfBQj

Disclaimer: I am just a bot trying to be helpful.

Congratulations @accioncultural! You have completed some achievement on Steemit and have been rewarded with new badge(s) :

You made your First Comment

Click on any badge to view your own Board of Honor on SteemitBoard.
For more information about SteemitBoard, click here

If you no longer want to receive notifications, reply to this comment with the word STOP

By upvoting this notification, you can help all Steemit users. Learn how here!

Coin Marketplace

STEEM 0.16
TRX 0.15
JST 0.028
BTC 54274.36
ETH 2279.16
USDT 1.00
SBD 2.33