Coñeces o problema dos xenerais bizantinos?

in #procomun6 years ago

Estou a facer un curso en liña a ver si son capaz de entender un pouco mais isto das cadeas de bloques (Blockchain/Distributed Ledger Technologie) por medio da Linux Fundation. A verdade é que o curso está cheo de cousas interesantes, ainda que eu como teño memoria de piollo acordareime de catro ou cinco cando remate o temario, si é que a miña inconstancia mo permite.
O curso é Blockchain for Business - An Introduction to Hyperledger Technologies, é de balde e necesitas rexistrarte na plataforma edX para poder realizalo.

O que ía... Un dos conceptos que aparece e que de pronto te sorprende é o problema dos xenerais bizantinos, onde se trata de certo tipo de erros arredor dos cales é difícil acadar consenso de cal é o lugar ou proceso de onde provén a falla, xa que distintos monitores entregan diferentes resultados non podendo concretar facilmente unha solución.

¿En que consiste o problema dos xenerais bizantinos?

Pois imaxinemos que no pasado, fai unha chea de anos, un grupo de xenerais estaba a asediar unha vila coas súas tropas e esperaban o momento adecuado para lanzar o ataque.
Para que dito ataque tivera éxito deberían lanzalo o mesmo tempo todos os xenerais coas súas tropas a un tempo para así tomar a cidade e rematar o asedio.
A orde do ataque parte de un único xeneral (o xefe xefe) e esta orde debe ir pasando de un a outro xeneral para que todos coñezan a orde, enviando mensaxeiros que a transmiten.
Na cadea de trasnmisión de ordes, poden darse estas circunstancias:

  • Todos os xenerais teñen que coñecer as ordes por adiantado, xa que deben atacar todos á mesma hora.
  • Pode(n) existir xenerais desertores ou traidores e non transmitan a orde correcta.
  • Non existe a certeza de que os mensaxeiros den a información correcta.

bizantinos.png

Fonte da Imaxe CC Edilson Osorio

Independentemente de como a cadea de bloques (Blockchain/DLT) resolva este caso, (ver Bitcoins y el problema de los generales bizantinos ou na wikipedia . es ), non é doado esquecer o que ven ocurrindo cando un grupo de xentes -ademais non militarizadas- xuntanse para enfrentar un problema común que como a bestia ten nome e apelidos. (Nome de persoa ou nome de compañía/empresa)

A este batallón anónimo e belixerante en teoría será doado clasificalo en diferentes grupos a medida que o proceso dialéctico para artellar a contenda avance e na medida na cal sexa necesario facer esforzos para que a vitoria ocurra.

  • O primeiro grupo desertor é o dos cans. Os cans arrastrados. Os cans que nin piollos teñen porque de eles escapan. Son os cans que non traban a man do amo e se someten a cambio de recibir bazofia por sustento.
  • O grupo dos traidores consta de varios subgrupos. Están os traidores á todo, cuxa felicidade está en ver pasar derrotas. Están os traidores á causa que traizoan porque non lidera seu ideal. Están os traidores azuzantes, que puxan e animan a dar un paso adiante ó exercito ainda que vexan diante mesmo o abismo.

Neste exercito, porén, tan cheo de traidores, hai ademais, outros homes e mulleres: Son esas xentes que loitan e reivindican a cotío e cuxo esforzo e coraxe os fan realmente imprescindibles.


Obrigado pola compaña. Ficarei encantada de ler túas reflexións ... arredor dos traidores... porque no dos xenerais bizantinos ainda vou no medio do tema.
Bicos e apertas.

Coin Marketplace

STEEM 0.19
TRX 0.15
JST 0.029
BTC 63098.94
ETH 2621.87
USDT 1.00
SBD 2.74