10 fotos de xente sin xente.

in #photography7 years ago

Algúns momentox son doces, outros escocen...

10 fotos de xente sin xente. Porque a xente sempre está, e contra a invisibilización, debemos tela presente.

1.- 2010. Unha imaxe rescatada

En Cristina de Lavadores, ó sair de traballar pasaba por un camiño onde atopabanse estes exóticos cactus. De algún xeito parecían indicar o tipo de traballo que se facía.



2.- 2014, Xuño. Festival PortAmérica


A mediados deste ano instalei o Instagram. Esta foi unha das primeiras imaxes que subín á a aplicación. Traballar na producción de eventos, sendo en ocasións un traballo fisico forte, resulta reconfortante polas xentes, as novas circunstancias e unha especial camaradería. Estes focos agardan a que o equipo o instalemos no seu lugar.



3 .- 2014, Agosto. Campaña a prol do Comercio Local


Traballando na campaña de [Comercio Local](https://www.facebook.com/tumercadolocal.calvario/?fref=ts), no Mercado de Teis, atopabanse estas sardiñas de "La pescadería de mi Barrio", con un aspecto excelente. A captura de este tipo de peixes en baixura, chamaselle "o xeito" (poderíase traducir como "coidado", "estilo") e supón unha industria ancestral e sostible para as rías da Galiza.



2015, Xaneiro : Cadalso Death

4.- 2015, Xaneiro: Cadalso Death


Con [Cadalso](https://cadalsodeath.wordpress.com/) tiven miña primeira experiencia como C.M de un grupo, ainda que non deixan de ser unha banda.... ;-) Este é un dos platillos da súa batería tomada en plan artístico.... !



5.- 2015, Choiva de Abril


Os abriles na miña terra son chuviosos. As veces choran só as nubes; outras veces tamén o corazón. Os peores días son cando choven as nubes, os corazóns e a ialma.



6.- 2015, Septembro. Illas Cíes


Cada vez que a ocasión se presenta, visito a Illa que pecha a bocana da Ria. As Illas Cíes están ubicadas no [espazo natural das ["Illas Atlánticas"](http://parquenacionalillasatlanticas.com/index.php?lang=gl), e dende logo, se amades o vento, o son das gavotas, o mar bravo e todo a menos de 1 hora da "civilización", convidovos a visitalas, e si vos compre, ata vos fago de "cicerone"


7.- 2015, Novembro. Unha Leira e unha bici


Unha bicicleta tamén é ferramenta de agricultores. Miña bici, meu sacho e miñas circunstancias.


8.- 2016, Xuño. Há esperança


A beleza, o ar, a compaña ... a esperança!!


9.- 2016, Outubro. Há semente


Loubada sexa nai natura por espallarse sin contemplacións. Bendita e eterna sexa. Compriu deitarse no chan para tirar esta toma, alguén reía mentras me miraba apuntar cara as froles e o sol a un tempo. Gostei do exercicio. Gostei da foto.


10.- 2017, Abril. Solpores para o rexurdir


Non sabía cando facía esta toma que as espiñas serían agresivas, agresoras e tóxicas, e que ese solpor sería o principio de un mencer renovado. Días apropiados para decir grazas por estar, pero mais grazas ainda por irte.


Meu [nstagram](https://www.instagram.com/manuel_freiria/) Meu [Flickr](https://www.flickr.com/photos/manuelfreiria/)


Textos e imaxes con Licenza de Producción entre pares.

Coin Marketplace

STEEM 0.17
TRX 0.13
JST 0.026
BTC 58216.02
ETH 2614.69
USDT 1.00
SBD 2.45