You are viewing a single comment's thread from:

RE: PORTUGAL: Incendios | Wildfire >> 9 Steemians Vision

in #nature7 years ago

Obrigada pela menção no post. Considero ser importante clarificar que não chegou a cair nenhum avião Canadair no combate ao fogo, foi mais uma das noticias infelizes da nossa comunicação social cuja verdade só foi apurada algumas horas depois.

Muito se pode escrever e dizer sobre esta tragédia e existem várias razões e culpados em simultâneo. Culpabilizar apenas o eucalipto não é boa estratégia. Eu sou defensora da floresta nativa e espero que a partir da agora esta possa ser recuperada, mas a verdade é que as plantações de eucalipto e de sobreiro dos grandes grupos produtivos não ardem assim. O problema deste incêndio foi a falta de gestão de matos e a descoordenação das entidades que tinham o dever de salvaguardar as pessoas. A estrutura competente para combater fogos foi sendo dispensada nos últimos anos...agora resta aguardar pelo resultado dos inquéritos e esperar que a mudança seja para melhor.

Sort:  

Moitas grazas por comentar, e tamén polos seus artigos en xeral.
Entendo que Portugal e Galiza partillamos os mesmos problemas na xestión forestal, e o problema é como vç dice é de xestión.
Como "editorialista" centrei na cuestión eucalipto por seren tema "candente" no meu territorio (Galiza), por ser unha parte que entendo importante do problema.
Constame que lugares con explotación de eucaliptais "serias" non teñen problemas co lume (que non desbota as problemáticas sobre o entorno como a presión sobre a flora autóctona e a desecación de acuíferos), e que nun argumentario mais completo deberíase incluir a despoboación rural, a desaparición de usos ancestrais do chan -como a gandeiría incluida como elemento de control/aproveitamento sobre as malezas (dehesas extremeña, portuguesa e andaluza), a reducción de financiación para a prevención, que non extinción do lume, e en definitiva, un modelo económico que favorece o capital económico contra o capital humano.

En definitiva, certamente o problema ten moitas aristas... e, francamente, a recopilación de artigos foi a que "había". (Puden ter esquecido algúnha autora... ¿?). Quisen ser quen de enriquecer o argumentario coas viñetas que inciden na xestión política, nos intereses económicos, e nas contradiccións do decir/facer das administracións.
Grazas pola observación, e en atención as súas verbas, farei por que vindeiras edicións da "Gazeta" sexan mais completas no seu argumentario.
Teña Vç un ótimo día.
Saúdos dende o Norte, alí onde Portugal se chama Galiza.

Coin Marketplace

STEEM 0.19
TRX 0.16
JST 0.030
BTC 68598.13
ETH 2704.77
USDT 1.00
SBD 2.72