Dia Zero: El viejo

in #minimalismo7 years ago (edited)

Cando hoxe me dixeron "el viejo" , a verdade e que deume un chisco de yuyu.
Lembreime destes seres entrañables como Papi (super-repetidor), "O abuelo" (nosa mascota para o hash), incluso da Rotenmeyer... que non era tan maior pero daba noxo co caracter...
"El viejo" doeu mais que cando aquel mocosete con 17 anos (eu) chamoume señor... que era algo que non sabía que era.
"El viejo" pois tampouco sabía que era...

Un "viejo" ten os días contados.

Eu a verdade, creo que son antiguo, de reestreno, usado... pero igual non hai moito mais dentro do pelexo que un vello con un inmenso complexo de Peter Pank.

Pero... e si de "VIEJO" quedaranme 1004 días para disfrutar e partillar GAIA?
1004 días que empezo hoxe... e descontando.

portada0.png

Hoxe erguinme normal, coma sempre... batín no despertador como un poseso -as alarmas dos móbiles perden moito romanticismo- , non había ninguén na beira da cama, as chinelas estaban agachadas no último recuncho da habita, desexei morrer cando o quecedor da auga perdeu forza, decateime de que a camiseta estaba emborreada de seme logo de poñela, o p*** microondas non quecera o leite cando creín poñelo a funcionar, a oferta de emprego con menos inxulia pedía licenciados con 5 anos de experiencia, o chisqueiro non funcionaba e fixo un día de morrer co vento do Leste.

Normal. Todo normal....
O día mantivose normal.

Na cafetería os periódicos estaban ocupados por persoas con examen de periódico do día, o café non sabía a café, o leite fervía e nas esquelas non aparecía ninguén de quen poidera aledarme de que desaparecera da faz do planeta. (dos outros tampouco, menos mal).
Tudo bem... tudo bem ata que aló polo medio día, o son do celular me di que é a hora da serie "É.Lene e as circunstancias" , ... unha serie que non son quen de desinstalar e que con andrúidos feitizos actualizase e notificase de xeito automático

Debo aclarar que a instalación da App "Ë.Lene" foi completamente accidental.

Ocurriu nun safari de captación de amantes do DIY adicados a transformación de imaxes dixitais, e ainda que afondei moito no asunto, ou igual demasiado superficalmente, non atopei xeito de bloquear nin restrinxir acceso ó meu terminal.

Ben podería ser que un rechazo directamente rematara con elo, mais... pode ser que o botón bloquear parecerame excesivo ou, que de xeito subconsciente, realmente desexara seguir recibindo as novas de "É.Lene" coa escura espranza de rematar lene como a brisa engaiolado nesa paxara que non se deixaba achegar.

O caso e que "É.Lene" actualizou e partillou seu estado, dentro do cal, mencionabame como "El Viejo", el viejo ese ... e facíao comentando na miña ausencia.

Quero resistirme ó concepto de vellez, porque digo eu, que non son vello, son antigo... Velahí:

  • Nacín cando a Internet, e digo eu... se nacemos xuntas, porqué eu son vello e internet as Novas tecnoloxías?

  • Si no ano 1600 xa había criptografía, que é tan fashion, son eu vello tendo 360 anos menos?

  • E que decir do lume... que parece que tras milenios non pasa de edade, mais un debe sentirse "El viejo" logo de usr chisqueiros toda a vida?

Non podo evitar que a dúbida asalteme... A realidade coa súa tozudez pode querer (e deber) colocarme no meu lugar.
Cicais sexa vello... vouno ver... vou xogar a darme mil catro días, Mil catro días para vivir, Mil catro días para reir, Mil catro días de bola extra, mil catro días de mimos....

Non vaia ser que por miseros 1004 días, un non poida reir a batequeixo cando menos 1004 veces, sentirse morna, doce, e lene en mil ocasións, decir as mesmas veces ¡Bos días! sorrindo ou peor ainda, verte os ollos cando nos atopemos, por cara de felicidade e deixar que as endorfinas apoderense do meu soma.

Hoxe é día Zero. Dende Hoxe 1004 días.

Ademais de poder morrer sin cumplir prazos (obvio) ... onde se pode chegar en 1004 etapas?

Apertas de "El viejo", e descontando.

"El viejo" hoxe:


elviejo_20170427.jpg

Textos e imaxes para partillar como Licenza de Producción entre pares. Non sexas aguililla que está rexistrado na Blockchain.

Coin Marketplace

STEEM 0.19
TRX 0.14
JST 0.030
BTC 60061.12
ETH 3196.84
USDT 1.00
SBD 2.45