Plectranthus amboinicus (hortelán grossa, Ourego, menta mexicana)

in #life7 years ago (edited)

Non podo falar do Plectranthus amboinicus mais aló de decir que se reproduce con moita facilidade e resulta de un aromático embriagador.

Outros nomes:
Ourego francés, menta mexicana, ourego indio, hortelán grossa,

Non podo falar mais que iso del porque veño de saber que ese e seu nome, tras unhas cantas horas de navegación pola internet.
Compriame identificar a planta, e entender as posibilidades terapéuticas e culinarias das que dispón... e para descubrilo partín de unha búsca inversa no Google a partires das imaxes tomadas dos exemplares dos que dispoño.
Estas fotos que montei eiquí....

plectracanthus_resized2.png

O problema que atopei foi a variedade fenotípica do Plectranthus amboinicus que faino dificil de identificar. Por exemplo, este sería o resultado de busca no google ... pero vaia, distinto sería si coñecera o nome cando empecei a percura.

Dícen de esta variedade de hortelán que é orixinaria de África e que está introducida en gran parte do mundo como planta condimenticia.

Na cociña utilizase para sazonar como se fora ourego, suplindoo con ventaxa, para condimentar pizzas, pastas, carnes, peixes, ensaladas etc.

Como planta medicinal goza de recoñecemento nos casos de tos crónica, broquitis, asma e outras afeccións respiratorias, así como para as molestias intestinais, cálculos renais etc.

Licencia de Producción entre pares.

Coin Marketplace

STEEM 0.17
TRX 0.13
JST 0.026
BTC 58216.02
ETH 2614.69
USDT 1.00
SBD 2.45