Coñeces a #rapadasbestas ? O cabalo de pura raza galega

in #horses7 years ago (edited)

Cabalo de pura raza galega

Unha especie en perigo de extinción

cabalos trabazo curro

CC BY-SA 2.0 Dani Vázquez A rapa das bestas de Sabucedo - Mordisco - Bite

Como tantas especies, o futuro do cabalo de pura raza galega pasa por unha integración da especie no ecosistema humano.
A medida que avanza a economía industrial, abandoanse usos do monte que non só tirranlle valor, senon que o fan vulnerable tanto ós lumes como a unha explotación deficitaria por un exceso de biomasa que non é aproveitada e dificulta as labores silvicolas básicas: Dende a extracción de madeira ata o aproveitamento de cogumelos.
Socialmente non se valora o traballo dos cabalos. Eles teñen o monte limpo, xeneran ingresos, resultan atracción turística, son fonte de unha carne nada despreciable e son patrimonio da humanidade en canto a demostración de fonte de riqueza nos lugares que non poden aproveitarse para outra cousa, e como fonte de facer tradicional no que respecta ó dereito á propiedade dentro de unha explotación comunal.
Se o ***New York Times fala dos cabalos galegos, ben debemos ter un artigo no Steemit.com, e naturalmente dentro do blogue da @gazetagaleguia.

Con este artigo, imos empregar por primeira vez no steemit a etiqueta:

#rapadasbestas

Os cabalos galegos pasan os seus días alimentándose nos bosques e outeiros accidentados.
Deixados ó seu albedrío pastan e vagan libres sen bater coa presencia humana, comendo forraxe, e mesmo toxo (matojo espinoso chamanlle os hispanos), supoñendo un xeito sustentable e rendible de manter o monte limpo para previr os lumes que provoca a mala xestión forestal da administración.

cabalos-galcia, rapa-das-bestas, curro-cabalos

Imaxe dominio Público. Fonte: pxhere.com

O cabalo galego Autóctono

O cabalo que atoparás nos curros é da raza galega autóctona, unha variedade que datase aló na chegada dos povos celtas á peninsula Ibérica entre fai 2700 e 2500 anos, e que na actualidade é recoñecido como pura raza galega,

O cabalo galego autóctono podese atopar en poucas zoas da Galiza, e ten na Serra da Groba a maior parte das cabezas en liberdade.

Esta raza caracterízase por ser unhs cabalos moi particulares e diferentes a outros que poidase atopar por ahí: Son mais pequenos, moi resistentes ás inclemencias do tempo na montaña, delgados debido a súa alimentación a base de toxo, e con moito pelo.


Real interés polos cabalos?? Mira a Ficha Técnica Cabalo pura raza galega PDF

cabalo raza galega

Fonte da Imaxe: Diario El Mundo

A Rapa das bestas

Nunha xuntanza anual, a altura do verán, a veciñanza das aldeas de parte da Galiza rural dirixense ós outeiros onde se ubican os curros para marcar os cabalos.

Na Rapa das Bestas os cabalos semisalvaxes son acurralados polos propietarios nun traballo colectivo, onde todos traballan para todos nas tarefas comúns.

A rapa das bestas realizase nos curros. Os curros son recintos circulares rodeados por un valado de pedra cunha entrada para os cabalos, onde son acurralados para marcar e cortarlle a crin.


Por Aurora Díaz (Flickr: El público) [CC BY-SA 2.0 (http://creativecommons.org/licenses/by-sa/2.0)], mediante a Wikimedia Commons)

O paso do tempo viu mudando unha costume ancestral nun espectáculo onde as persoas asisten para disfrutar co traballo dos aloitadores e pasar un día de familia no monte.

O primeiros rexistros dos Curros remontanse como mínimo ó século XVIII, ainda que hai quen cree que a tradición é anterior.
Alí, os cabalos son atrapados un a un para seren rapados (cortarlle a crin), os potros son microchipados e en ocasións marcados, e algúns animais novos son vendidos normalmente para ser sacrificados para carne.
O resto dos cabalos volve ó monte ata a seguinte rapa do ano que ven.

curro, cabalos, rapa-das-bestas

Imaxe C.C Gabriel Gonzalez no Flikr

Arraigo da Tradición

O abandono do rural fixo que o número de cabalos pastando ceibos polos montes reduxerase significativamente nos últimos decenios, mais a presenza de unha rica toponimia, indica que a festa (por seren un acto social onde a convivencia e o traballo compatibilizanse coa xoldra) realizabase en cando menos 32 localidades da Galiza.

  • Toponimia Os curros : 7 coincidencias Wikipedia
  • Toponimia Curros: 6 coincidencias Wikipedia
  • Toponimia O Curro: 19 coincidencias Wikipedia

O aloitador

O aloitador ou é propietario ou un asalariado dos propietarios do gando que percura súas reses para darlle unha desinfección, cortarlles o pelo e facerlle a marca que acredite a propiedade.
Para elo deben identificar os seus cabalos entre a multitude,

rapa das bestas

CC Jose PereiraFont Flickr

A desinfección

Despois de todo un ano no monte os animais teñen o pelo moi longo para o tempo de calor que ven, e o tempo existe a posibilidade de infeccións por diversos parásitos ou feridas mal curadas.
Ó mesmo tempo en ese momento elíxense os animais para a venta, que pode ser para cria ou ben para carne.

rapa das bestas

http://www.jpereira.net Fonte Wikipedia Gl

Dereito Animal e tradición

As activistas pro dereitos dos animais consideran esta tradición como obsoleta, xa que, din, os cabalos son maltratados durante o evento. Opinan que a realizacion de este evento debería realizarse de outras maneiras, xa que os animais sufren moito estress ante un enfrentamento cos humanos, os cais non están acostumados, e por outra banda, creen que marcar os animais con un ferro o vermelo causa un enorme sufrimento ó animal.

marcando a res

C.C. Jose Segura de Cartagena, Spain. Fonte:


A normativa do estado vai impoñendo a obriga de colocar un chip identificativo ós animais, mais as persoas mais arraigadas a tradición son renuentes a mudanza de forma.
A cuestión tamén é obvia. Se a marca non está a vista o propietario non pode saber si o cabalo é seu, e a automatización que podería permitir o uso do microchip (que as reses foran clasificadas por propietario mediante un lector de chip na entrada do recinto) vai tardar moito a chegar ó monte.
Poucos son os afectados e non resulta un sector "estratéxico" na economía, polo que resulta doado lexislar, e alá os que queiran continuar a tradición.

Outros Recursos de Interese:


Texto: @Freyman. CC. Gratificación do 50% da posible recompensa liquida do post.


_______________

@Gazetagaleguia no Steem Center:

Contribucións | Perfil


Bate-Papo /Chat Portugues | Gazeta Fb Fan Page | Steemit Pt Twitter | Steem.Center Gal |Canle Steemit_Lusofonía Slack |


Comenta, Suxire, Critica, Partilla

Sort:  

Adorei o post, @gazetagaleguia! Só deu dó da parte que eles tem que marcar os cavalos tendo que feri-los.😟

Obrigado @cleateles.
Aledome que gostaras do texto, @cleateles. Obrigado.
Eu entendo os #aloitadores. O marcado é un mal necesario... Sería feo chegar a parte final.
O útimo fin das reses é o sacrificio para convertilos en carne para comer a xente.
Os que van o matadoiro, non son remarcados. :-(

Coin Marketplace

STEEM 0.16
TRX 0.15
JST 0.028
BTC 56905.43
ETH 2398.24
USDT 1.00
SBD 2.26