Tres mapas actualizados da guerra no Oriente Medio.

in #galego6 years ago (edited)

Levo tempo seguindo a actualidade de guerra que está a ter lugar en Oriente Medio, prestando especial atención ós acontecementos desenvolvidos en Siria e Iraq. Para seguir a actualidade destes conflictos é importante buscar acceso a opinión de primeira man de medios e cidadáns locais, con variedade étnica e ideolóxica. Nunca alcanzaremos un coñecemento total, pero poderemos confrontar opiniónse ir formando a nosa. Tamén é enriquecedor ler información sobre as partes, relacións entre elas e relacións internacionáis, así como as posicións e evolucións ideolóxicas de grupos de poboación. Tamén é importante o factor xeográfico, que sendo o meu campo profesional, resúltame de especial interese e por iso vou presentarvos hoxe os tres mapas que me teñen feito de referencia para situar os avances das frontes, localizar zonas de interese nun tempo concreto do conflicto e ate para interpretar algunha estratexia dalgúns movementos militares e estratexias políticas. Para poder seguir o estado xeográfico desta Guerra Mundial en miniatura, eu empreguei tres mapas que se manteñen actualizados, un deles mantido pola comunidade de Wikipedia e os outros dous, que corren sobre os mapas da base de datos cartográfico OpenSource de OpenStreetMap.

Empezarei por unha pequena introducción histórica do conflicto que, como non son historiador, non tentarei de pasar por unha imparcialidade para a que non teño capacidade, coñecementos, nen folgos. Así que isto limitarase á miña propia opinión persoal.

No mundo musulmán, que é variopinto, multiétnico, multicultural, multiracial e tódolos "multis" que se che poidan correr, ven correndo de fondo un sentimento de agravio que avanza dende al épocas coloniáis, reforzado pola división de Palestina ó remate da Segunda Guerra Mundial e que vive un novo proceso de escalada dende a primeira guerra de Iraq, máis notable tras a invasión de Afganistán, a segunda guerra de Iraq e cos procesos iniciados na Primaveira Árabe que deron lugar ó nacemento do Estado Islámico en Siria e Iraq (tamén chamado ISIS, ISIL ou DAESH) . Neste tempo pasouse dunha época de revolución e de consecución de dereitos das mulleres no mundo musulmán, a outra de dominio relixioso e retroceso nos dereitos sociais, aínda que probablemente, esto acontecía só entre as clases altas musulmanas o que propiciou tensións entre as clases baixas máis tradicionalistas e as altas, máis occidentalizadas.

140404164357-afghan-women-9-horizontal-large-gallery.jpg
Fonte da imaxe: CNN

Dende os anos 70, parece que cada conflicto, cada revolta, tende a tirar desa diferenciación entre o mundo tradicional e o que quere mirar cara o futuro, que se asimlida con occidente, un occidente que é á súa vez, causa de moitos dos seus mais, das guerras e das miserias que padecen. Occidente tende a apoiar os aliados e a considerar aliado a calquera que sexa inimigo dos seus inimigos, así armaron ós Talibáns fronte a URSS ou ó ISIS fronte o partido baath de Assad.

As tensións étnicas non son poucas en todo o mundo musulmán, que tendemos a identificar con árabes, pero que é moito máis que árabe. Bereberes, otomanos, persas, kurdos, balcánicos,... son só unha pequena mostra de toda a variedade que, por outra parte, non é moi distinta á que podemos atopar nos pobos cristiáns. Nestas últimas décadas, o aproveitamento destas tensión para xogar a favor dos intereses de cada país rico en cada momento, desencadeou o que é o máis sanguinario conflicto do século XXI, que aínda que se fale só de Iraq e Siria, está a ter lugar en moitos países máis como son Yemen, Turquía, Líbano, Arxelia, Afganistán, Libia... se non é unha Guerra Mundial, paréceselle moito.

OrienteMedio.jpg
Fonte da imaxe: liveuamap.com

Wikipedia Template

O primeiro mapa que vos traio é o mapa da Wikipedia. O mapa, actualizado pola comunidade, representa con símbolos puntuais, as principais poboacións, áreas militares, campos de petróleo e zonas industriais. Limítase a tinguir da cor que asigna a cada facción e mostra os lugares en disputa armada con un símbolo no que alterna cadors cas cores das faccións en loita por ese mesmo lugar. Estes mapas, denominados coma Templates, están dispoñíbeis para varios conflictos coma Siria, Pakistán, Yemen ou Lituania, entre outros. A presentación dos datos é un pouco desordeada e inconstante, unhas veces poden mostrar as principáis estradas e outras non. Por exemplo, no mapa que mostra Líbano, Siria e Iraq, as estradas só son mostradas en Siria, mais desaparecen ó chegar ás fronteiras do país.

Pódese acceder ós distitos mapas Template da Wikipedia, seguindo o seguinte enlace ó índice:

Índice dos Template de guerras da Wikipedia

TemplateSiria.jpg
Fonte da Imaxe: Template: Syrian, Iraqi, and Lebanese insurgencies detailed map

Syrian Civil War Map

Agora vou ensinarvos o seguinte mapa, o que máis teño consultado neste último ano, é o de www.syriancivilwarmap.com, que é un mapa montado sobre www.openstreetmap.org e debuxado coa ferramenta online Umap. O mapa está mantido por unha persoa ou un grupo, que facendo caso a informes de fontes locais e militares, leva unha actualización diaria de avace das frontes, ataques aéreos, atentados e calquer información de interese para o conflicto. Representa os datos tinguindo de cores as zonas que ocupa cada fronte e representa con símbolos puntuais os acontecementos reseñábeis, cun código simbólico que distingue entre enfrontamentos, ataqués, conquista dun lugar, declaracións de portavoces, novas... o mapa sérvenos información moi completa e actualizada, pero céntrase somentes en Siria e Iraq.

www.syriancivilwarmap.com

SyrianCivilWarMap.jpg
Fonte da Imaxe: SyrianCivilWarMap

Liveuamap

Remato co que pode ser o maís completo destes tres mapas. Tamén está montado, coma o anterior, sobre www.openstreetmap.org. Neste caso trátase dun mapa con vocación de cubrir todas as situacións de guerra, rebelión e insurxencia do mundo. Corre sobre unha fonte de datos cartográficos aberta e emprega a información aportada pola comunidade. Pódese escoller no menú ver conflictos, zonas ou un mapa mundi e neste saen protestas raciais e abusos policiais dos USA, novidades sobre acontecementos políticos de Catalunya, ou actos de guerra de calquer zona en conflicto do mundo. É un proxecto ambizoso, e de vocación universal. representa os datos de forma ben parecia ó SyrianCivilWarMap, empregando zonas de cores para terreos dominados por distintas faccións e símbolos puntuais diferentes para distintas categorías de eventos a sinalar. Tampouco queda restrinxido a conflictos e mostra eventos naturais de importancia coma terremotos, tsunamis, fortes indundacións, etc.

Liveuamap de Siria

liveuamap.jpg
Fonte da Imaxe: Liveuamap

Desexo que disfrutedes destas ferramentas que nos ofrece o mundo do internet colaborativo. Unha aperta.

Sort:  

Mui bom! Também usava o liveuamap para acompanhar o desenvolvimento do conflicto na Ucrânia. As ferramentas são excelentes!

Muito obrigado! O certo é que gosto moito de me manter informado e até o de agora estas son as tres millores que atopei na rede.

Coin Marketplace

STEEM 0.19
TRX 0.14
JST 0.030
BTC 59737.47
ETH 3186.24
USDT 1.00
SBD 2.43