O carro eléctrico: números que falan da súa viabilidade.steemCreated with Sketch.

in #galego6 years ago (edited)

Hoxe quero falarvos dun dos argumentos máis frecuentes en contra da implantazón universal do carro eléctrico. Non é outro que a repetida, e suposta, insuficiencia da rede eléctrica para absorver unha adopción total do carro eléctrico coma vehículo de uso persoal. Para rebater este argumento, empregarei datos de España, aínda que non puiden atopar todos os datos do mesmo ano, empregarei sempre o suposto máis desfaborábel á hipótese de que a rede sí está lista para absorber o incremento de carga eléctrica que suporía un 100% de coches eléctricos hoxe, sen adaptazón algunha na rede.

electric-charge-2301604_640.jpg
Fonte da imaxe: Pixabay

Non atopei todos os datos que quería na forma que desexaba, mais atopei os suficientes para poder sacar algunha conclusións e facer algúns cálculos básicos con eles:

  • Cada español percorre 41'6 kms cada día de media.
  • O 69'4% dos desplazamentos fanse en carro.
  • Un golf eléctrico ten un consumo de 12'7 kwh/100 km
  • O consumo eléctrico per cápita en españa é de 5.356 kwh/ano

Fonte da imaxe: mapama.gob.es

Tratando estes datos per cápita poderemos establecer relacións entre eles. De eiquí poderemos deducir que cada español percorre 28'87 kms ó día en automóvil, o que indicaría un consumo de 3'67 kwh. Isto sería así sempre que todos os deprazamentos fixéranse sempre cun só ocupante no coche, pero xa dixen que ía coller sempre o caso máis desfavorábel para o vehículo eléctrico. Este consumo diario danos un consumo anual de 1.350 kwh per cápita e ano, o que supón un incremento do 25% no consumo eléctrico. Parece unha barbaridade e podería selo se todos fosen cargar o coche eléctrico nas horas puntas da demanda, mais o normal sería que case tódalas cargas vaian producirse nas horas nocturnas, que é cando a xente soe durmir e cando a enerxía é máis barata. Desta forma aproveitaríase mellor os sobrantes enerxéticos que agora mesmo producen aeroxeradores, hidroeléctricas e nucleares. A efectos da carga da rede, poderíase aumentar a mesma nun 25% do total en horario nocturno e seguirían sendo horas "val", aínda bastante por debaixo dos picos. Botando unha ollada ó gráfico da demanda eléctrica media para España no 2006, parece evidente que sería así.

Fonte da imaxe: Instituto de Ingeniería del Conocimiento

Nun artigo de forococheselectricos.com fan unha estimación con 3.5 millóns de coches eléctricos cargando en horas nocturnas que amosa cómo parece que a efectos da carga de rede, non debería supoñer un problema, se todos os coches cargasen pola noite.

Fonte da imaxe: Foro Coches Eléctricos

Pero tamén sabemos que non todos van cargar pola noite, que só será a gran maioría. É cetro, iso podería traer algún problema durante os grandes picos de consumo, aínda que seguro que éste sería menor, dado que poñamos que un 25% dun 25% da carga, fágase nas horas de máxima demanda (coido que xamais chegaría a tanto), serían uns 4000 MWh sobre un pico de 40.000 MWh e a rede, debería estar preparada para absorber tal incremento sen sufrir problemas.

Está claro que este incremento non podería ser cuberto na totalidade con renovábeis pois pola noite, normalmente, a xeración eléctrica descende e a solar desaparece, mais aínda a producción hidroeléctrica e a nuclear matense constantes, o que podería mater unha boa cantidade da demanta cuberta sen ter recurrir á queima de fósiles.

E todo isto se pensásemos que mañá mesmo poderiamos trocar todos os nosos vehículos por eléctricos. Así que se xa parece que poderiamos estar preparados para introducilos de forma intantánea, parece innegábel que non hai razón algunha para afirmar que a rede non estea preparada para comezar a transición sen problemas para ir solventando os problemas que poidan xurdir e sen grandes atrancos. Outra cousa son xa os problemas de prezo e uso coma a accesibilidade a puntos de recarga, os tempos da mesma ou a autonomía. Problemas que mentres son mellorados pola industria, seguro que contribúen á que a transición prodúzase dun xeito totalmente escalado, segundo as necesidades dos distintos usuarios.

Sort:  

Olá, @uribarrix :
Este perfil percura posts de calidade relacionados co concepto da galeguia e a equipa de curación decidiu destacar este teu post na publicación O Garimpo: Cultura e Arte [12/Fevereiro]
Obrigadas pola túa contribución.
Votado e re-steemed


Votando esta notificación axudasnos a manter este servizo de curación.

reinado.gif

Grazas, @gazetagaleguia. Obrigado eu tamén.

Coin Marketplace

STEEM 0.19
TRX 0.14
JST 0.030
BTC 59715.05
ETH 3186.24
USDT 1.00
SBD 2.42