SER #MULLER, ADICARTE Á #POLÍTICA E NON MORRER NO INTENTO COS #MEDIOS

in #galego-portugues7 years ago (edited)

Ser muller, adicarte á política e non morre no intento cos medios

Traducción ó galego-portugués do artigo de en Más Poder Local. ISSN: 2172-0223. Núm 30, Enero 2017, pp. 26-27

Resumo:

A cobertura periodistica con sesgo sexista ten un impacto negativo para as políticas e candidatas.
As investigacións amosan que cando os medios centranse na apariencia e/ou usan para referirse a elas unha lingoaxe sexista, as mulleres pagan o precio en varias dimensións:
Descende a percepción da súa calificación, súa confiabilidade, súa efectividade, súa imaxe positiva, súa viabilidade como candidatas, seu posicionamento nas enquisas e a intención de voto cara elas.
Neste artigo analizane algúns casos e recomendanse dúas estratexias de comunicación para enfrentar o problema.

Abstract:

Sexist media coverage damages women candidates and female politicians. Different surveys show that when media focus on a woman’s appearance and/or use sexist rhetoric, it damages voters’ perceptions of the women candidate in several ways: she is perceived as less likeable, confident, effective, qualified, and makes voters less likely to vote for her. In this paper we discuss some case studies and recommend two communication strategies to deal with the issue.

Verbas Chave:
 Mulleres candidatas, medio de comunicación, cobertura sexista.

Imaxe: Más Poder Local. ISSN: 2172-0223. Núm 30, Enero 2017, pp. 26-27

As mulleres ocupan unicamente o 27% dos postos directivos nos medios de comunicación do mundo. ó unha de cada catro protagonistas das novas son mulleres. 

  • O 71% dos expertos entrevistados e consultados nos medios son homes.
  • Durante as campañas, os candidatos homes beneficianse de maior espazo, mais entrevistas en fondura e mais prensa gráfica.
  • A cobertura periodística de politicas e candidatas ferve de estereotipos de xénero. 
Un clásico é o que prescribe que as mulleres son ante todo nais que deben relegar súas aspiracións persoais para coidar a outras.


Cando Chelsea Clinton anunciou súa preñez houbo cabeceiras como .. "¿Pode unha aboa ser presidenta de Estados Unidos?" ou "Ainda non queda claro de que maneira o embarazo de Chelsea afectará a campaña de Hillary".
Nada semellante foi publicado cando Romney amosou orgulloso seus 18 netos, ou McCain e Bush os seus. 

Os medios tamén cuestionan a fiabilidade e estabilidade emocional das políticas.
Xa se sabe:O estereotipo di que as mulleres son criaturas emocionais.


O New York Post escribiu "Agora entendemos por qué Bill ten medo" nunha foto sin contexto que amosaba a Hillary moi contrariada. (4) O New Republic ocupou a portada con un debuxo de Hillary berrando, o que chamou "As voces no seu miolo".(5)
Ás discretas non lles vai mellor. Mercedes Ayala, xuiza instructora de un caso de corrupción na Junta de Andalucía, foi retratada como unha solitaria que "apenas ten relación cos compañeiros e non se fía de ninguén" (6). 

Calificase súa vestimenta e apariencia.

A fotografía do escote que Merkel luciu nunha gala mereceu titulares como "As armas de destrucción masiva de Merkel" (7). 


Captura Voz de Galicia

Os medios xulgan os traxes de Hillary, seu peso e peinados. A propia Clinton afirmou "se desexo derrubar unha historia das portadas, o único que teño que facer e cambiarme o corte de pelo"” 8 

Os corpos das políticas son anzós para as novas.

Perante a campaña, os medios debateron cánto tiña adelgazado a actual gobernadora da provincia de Buenos Aires. "Fotografíán a ministra en Topless" titularon unha foto da ministra italiana Giannini de vacacións.9 


Fonte Captura.

Coñece á bela moza que percura ser alcaldesa de Roma" 10 e "Virginia Raggi, a fermosa alcaldesa de Roma" 11 titularon os noticieiros do mundo.

A prensa non solo critica seu gosto. Tamén preguntase "Quen paga o fabuloso vestiario de Michelle Obama?" 12

¿Serán mais favorables as opinióńs cando as políticas son modestas?

Non o parece:
Un artigo alertanos do Power Dressing, estratexia maliciosa de algunhas políticas mulleres consistente en "repetir os seus traxes para dar unha falsa imaxe de austeridade e exercer mais poder" 13
Cando o expresidente do Uruguay Mújica mercou o seu único traxe, o titular foi simplemente "Mujica merca un traxe parra ir ver a Lula" 14

As mulleres políticas deben aprender a visibilizar o problema e lidar cos medios. 

Dous consellos de consultoría a ese fin:

 Xenerar campañas virais e plataformas.

 "Name It, Change It", plataforma creada nos EE.UU por políticas de todos os partidos, invita ós medios a suscreber un compromiso para respectar a neutralidade de xénero ó cubrir campañas electorais de mulleres. Permite reportar, ademais, comentarios sexistas de bloggers e periodistas.

As entrevistas deben cumplir a " Norma do Reverso"

Nas entrevistas,as mulleres deben solicitar públicamente ós periodistas que cumplan o que chamo "a norma do reverso":
Se non llo preguntarías a un político home, entón non llo preguntes a unha política muller.
Por exemplo, si son interrogadas arredor de como fan para cominar a vida política e familiar, decir como única resposta: "Sei ben, non lle farías esa pregunta a un home. Non ma fagas por seren muller"

Debemos traballar e xenerar concencia activamente para que os medios favorezan sociedades mais igualitarias. 1 


Fontes:
Datos oficiales ONU Mujeres 2015. 2 Ver Llanos, B. (2012): Ojos que (aún) no ven. Nuevo reporte de ocho países: género, campañas electorales y medios en América Latina. Editado por IDEA Internacional y ONU Mujeres. 3 USA Today, 17 de abril de 2014. 4 New York Post, 24 de enero de 2013. 5 The New Republic, 7 de mayo de 2008. 6 ABC, 12 de agosto de 2014. 7 Daily Mail UK, 13 de agosto de 2009. 8 Forbes, 30 de agosto de 2007. 9 Diario Perfil, 22 de agosto de 2014. 10 16 de junio de 2016, portal Gira Buenos Aires. 11 El diario de Chihuahua, 19 de junio de 2016. 12 Daily News, 2 de junio de 2014; USA Today, 2 de junio de 2014. 13 Glamour, 5 de noviembre de 2014. 14 La Nación, 29 de julio de 2009.


Os posibles ingresos recibidos por esta páxina, estarán destiñados ó pago do servidor/ou outros elementos ou actividades destiñadas á valorización do idioma galego-portugués e as culturas que posúe.

Partcipa facendo periodismo cidadán en galego-portugués. Envianos túas fotos/documentos/textos/denuncias a [email protected] Ou chatea con nós en https://keybase.io/gazetagz


Participa na Gazeta. Escribe, envía fotos, traduce... falanos... estamos en gazetagz[no]gmail.com

[Un por qué a este post](https://steemit.com/feminismo/@freyman/muller-politica-e-medios-creando-un-post-feminista), por @freyman

Coin Marketplace

STEEM 0.27
TRX 0.11
JST 0.030
BTC 69771.68
ETH 3782.54
USDT 1.00
SBD 3.46