In memoriam John Perry Barlow: Declaración de independencia do Ciberespazo

in #freespeech6 years ago

John Perry Barlow, has passed in February 7. He was one of founders of Electronic Frontier Foundation and creator of A Declaration of the Independence of Cyberspace.

This post is written in Galician. We suggest the use of an online translator for a better understanding


Recibo vía Twitter a mala nova do passamento de John Perry Barlow.

       Que a terra che seja leve.

John Perry Barlow foi un dos fundadores da Electronic Frontier Fundation e da ** Freedom of the Press Foundation**, así como gandeiro, letrista dos Gratefull Dead [2] e mestre emérito do Centro Berkman da Universidade de Harvard da Internet e Sociedade. Destaca seu manifesto pola Declaración de Independencia do Ciberespazo.

twit.png

A Electronic Frontier Fundation

A Fundación Fronteira Electrónica é unha organización sen ánimo de lucro que ten como obxectivo conservar os dereitos da liberdade de Expresión no contexto da era dixital, así como educar á prensa, público e lexisladores arredor das cuestións relacionadas coas liberdade civís vencelladas coa tecnoloxía.

Freedom of the Press Foundation

A Fundación para a liberdade de Prensa é unha ONG sen ánimo de lucro fundada en 2012 co obxectivo de financiar e apoiar a liberdade e expresión e a liberdade de prensa.

Declaración de Independencia do Ciberespazo.

Gobernos do Mundo Industrial, vos, cansados xigantes de carne e aceiro, veño do Ciberespazo, o novo fogar da mente:

En nome do futuro, pidovos no pasado que nos deixedes en paz.
Non sodes benvidos entre nós. Non exercedes soberanía ningunha sobre o lugar onde nos xuntamos. Non temos elexido goberno ningún, nin pretendemos telo, así que dirixome a vós sen mais autoridade que aquela coa que a liberdade sempre fala.

Declaro o Ciberespazo social e global que estamos a construir independente por natureza das tiranías que estades querendo impoñernos.
Non tedes dereito moral ningún a gobernarnos nin tedes métodos que debamos temer realmente, para facernos cumplir vosa lei.
Os gobernos derivan seus xustos poderes do consentemento dos que son gobernados. Non pedistedes nen recibistes o noso. Non vos invitamos.
Non nos coñecedes nin coñecedes noso mundo.
O Ciberespazo non se atopa dentro das vosas fronteiras.

Non pensedes que podedes construilo como se fora un espazo público de construcción. Non podedes. É un acto natural que xurde das nosas accións colectivas.

Non vos tedes unido á nosa gran charla colectiva, nin creastedes a riqueza dos nosos mercados. Non coñecedes nosa cultura, nosa ética, ós códigos non escritos que xa proporcionan a nosa comunidade mais orde que o que podería obterse con calquera das vosas imposicións.

Proclamades que hai problemas entre nos que necesitades resolver. Usades isto como unha excusa par invadir nosos límites. Moitos de eses problemas non existen.
Onde haxa verdadeiros conflictos, onde haxa erros, os identificaremos e resolveremos por noso propios medios.

Estamos a crear noso propio Contrato Social. Esta autoridade crearase según as condicións do noso mundo, non do voso. Noso mundo é diferente.

O Ciberespazo está formado por transaccións, relacións e pensamento en si mesmo, que se estende como unha quieta ola na tela de araña das nosas comunicacións.

Noso mundo está a vez en todas partes e en ningunha parte, pero non está onde viven os corpos.
Estamos a criar un mundo onde todos e todas poden entrar sen privilexios ou prexuizos debidos a raza, poder económico, a forza militar ou o lugar de nascemento.

Estamos a crear un mundo onde calquera, en calquera sitio pode expresar súas creenzas, sin importar o singulares que sejan, sin medo a ser coaccionados ó silencio ou ó conformismo.
Vosos conceptos legais sobre a propiedade, expresión, identeidade, movemento e contexto non se aplican a nós. Baseanse na materia. Aquí non hai materia. Nosas identidades non teñen corpo, así que, a diferenza de vos, non podemos obter orde por coacción física.

Creemos que nosa autoridade emana da moral, de un progresista interés propio, e do ben común. Nosas identidades poden distribuirse a traverso de moitas xurisdiccións.

A única lei que todas nosas culturas recoñecerían é a Regla Dourada.**[1]

Agardamos poder construir nosas solucións particulares sobre esa base. Pero non podemos aceptar as solucións que tratades de impoñernos.

Nos EUA hoje creastes unha lei, a Acta de Reforma das Comunicacións, que repudia vosa propia Constitución e insulta os sonhos de Jefferson, Washington, Mill, Madison, DeToqueville e Brandeis. Estes sonhos deben renacer agora entre nós.
Temedese dos vosos propios fillos, xa que iles son nativos de un mundo onde vos sempre seredes inmigrantes. Como lles tedes medo, encomendades á vosa burocracia as responsabilidades paternas ás que cobardemente non podedes enfrentarvos.

No noso mundo, todos os sentimentos e expresións de humanidade, dende as mais ruíns ata as mais anxelicais, son parte de un todo único, a conversa global de bits.
Non podemos separar o airo que asfiia de aquel sobre o cal as azas baten.

Na China, Alemaña, Franza, Rusia, Singapur, Italia e Estados Unidos estades intentando rechazar o virus da liberdade erixindo postos de garda nas fronteiras do ciberespazo. Pode que impidan o contaxio durante un pequeno tempo, pero non funcionarán en un mundo que pronto será cuberto por os medios que transmiten bits.

Vosas cada vez mais obsoletas industrias da información perpetuaríanse a si mesmas propoñendo leis en América e en calquera parte, que reclamen súa posesión da palavra por todo o mundo.
Estas leis declararían que as ideas son outro producto industrial, menos noble que o ferro enfarruxado.

No noso mundo, sexa o que sexa o que a mente humana poida criar, pode ser reproducido e distribuido infinitamente sin coste algún.

O trasvase global do pensamento xa non necesita ser realizado por vosas fábricas.
Estas medidas cada vez mais hostís e colonialistas nos colocan na mesma situación na que estiveron aquelas amantes da liberdade e da autodetermñación que tiveron que pelexar contra da autoridade de un poder lonxano e ignorante.
Debemos declarar nosos "EUS" virtuais e inmunes á vosa soberanía, ainda que continuemos consintindo voso poder sobre nosos corpos.
Imos estendernos a través do planeta para que ninguén poida meter na cadea nosos pensamentos.
Criaremos unha civilización da Mente no Ciberespazo.

¡ Que seja mais humana e fermosa que o mundo que vosos governos levan criado antes!

JOHN PERRY BARLOW
Davos, Suiza a 8 de febrero de 1996

  • [1] : Regra Dourada: Tudo quanto, pois, quereis que os homens vos façam, assim fazei-o vós também a eles

  • [2] : Gratefull Dead

* Podeche interesar tamén:

Obrigado por a compañía e o teu tempo.

Agradecense os comentarios, re-steems, mimos e upvotes

moir.jpg.

Sort:  

Non coñecía esta declaración. É preciosa, é certa.

E a medida que os días pasan faise mais actual (pode ser pola inxenuidade..)
Verbigratia: Lei que regula os actos de odio e discriminación na Interné de Honduras amenaza á liberdade de expressão.

Coin Marketplace

STEEM 0.18
TRX 0.14
JST 0.030
BTC 59238.58
ETH 3176.28
USDT 1.00
SBD 2.45