Horta ou xardín vertical con botellas recicladassteemCreated with Sketch.

in #diy6 years ago (edited)

Xa fai tempo que quería ter plantas na casa, mais como teño dous michos, era difícil mantelas no chan sen que fosen sistemáticamente sometidas a actos de vandalismo felino. Despois de facer as miñas pesquisas por internet, cheguei á conclusión de que o mellor era un xardín vertical, que colgase dalgunha fiestra. A segunda idea era que fosen materiais, na medida do posíbel, reciclados ou que xa tivese pola casa. Na casa tomamos auga do grifo, pero recheamos unha botella de plástico que imos renovando cada pouco. Así que xa tiven para sacar unha idea No meu caso, decidín que quería unha horta. Eiquí está o resultado:

plantaspequeno.jpg

Os materiais que tiven que empregar foron:

  • 9 botellas de auga.
  • 6 metros de cadea metálica.
  • Espuma negra dos filtros dos acuarios.
  • Pintura branca (chalk paint).
  • Cordón de algodón.
  • Adaptador para colgar estores de xanelas oscilobatentes.
  • Ganchos para colgar cortinas.
  • Barriña de madeira.
  • Aros plásticos de cortina de ducha.

botella.jpg

Ferramentas:

  • Pincel.
  • Tesoiras.
  • Furador de papel.
  • Coitela.

Para comezar tiven que curtar as botellas, empezando por quitarlles o colo e logo curtando á altura que quería deixar coma fondo do testo. Na parte do cu da botella fixen uns cortes, deixando catro solapas que máis adiante servirán para facer de suxeizón desta parte, que como veredes, será un depósito de auga que nos axudará a manter as plantas regadas cando marchemos uns días da casa. Unha vez tiña as dúas partes das botellas coa forma que quería, procedín a pintalas de branco por fora co dobre obxectivo de non deixar que pase a luz, o que poderías estragar as raíces, e que non se quente ó petarlles o sol.

colagepequeno.jpg

Xa temos os testos case rematados e só falla facerlles os buratos cos que os suxeitaremos ás cadeas e ós que empregaremos para deixar fixas os depósitos que irán abaixo, para poder facer un rego dende a parte inferior cado quiramos, así coma para recoller o exceso de rego que poidamos facer pola parte superior. Eu fixen un burato co furador en cada parte oposta do perímetro da parte superior da botella e un en cada solapa que deixei na parte inferior.

Cos testos rematados, xa podemos preparar a drenaxe e o rego inferior, que se fará por medio dunhas matulas ou mechas. Para permitir a drenaxe, elixín a espuma negra que vai no filtro dos acuarios, que curtei para que tape todo o fondo do testo, con especial interese en que tape ben a saída e non se escape despois a terra ou sustrato que empreguemos, pero que permita unha boa drenaxe. No medio da peza recurtada, fixen un corte polo que metín os tres cordeis de algodón que farán de matulas que levarán a auga á terra por capilaridade segudo a terra vaia precisando dela.

drenaxe.jpg

Unha vez temos todo preparado, só queda colgar os testos das xanelas, o que eu fixen usando os adaptadores para estores, xa que con eles eviteime ter que facer burato nengún. Nestes fixei os colgadores das cortinas, que cun pau redondo e unhas argolas para cortinas de ducha que tiña na casa e unhas bridas, deixei listo. As diferendes partes dos testo e estes ás cadeas, ateinos diretamente co mesmo cordón de algodón que usei para as mechas. Todo atados con lazadas simple que penso quedaron ben prestosas.

suxeizon.jpg

IMG_20180209_123413.jpg

Agora somentes resta por ver as plantas que prenden ben e cais van pior para as horas de luz de van ter nesa fiestra, xa que non van ser moitas. Coido que o máis seguro é que teña que ficar con plantas aromáticas, que non soen precisar de moita luz e pode os amorodos tamén se dean ben.

Apertas a todos.

Coin Marketplace

STEEM 0.19
TRX 0.14
JST 0.030
BTC 59715.05
ETH 3186.24
USDT 1.00
SBD 2.42