Convocatorias e axudas para colectivos. 2017/01/02

Bos días a todas e todos:
Van cousas que poden ser de interese para parte do colectivo:

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se fai pública a convocatoria para a concesión dos premios XXIV Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, X Manuel María de literatura dramática infantil e XIII Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, edición 2018.

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se convoca para o ano 2018 a prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero prevista no artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, modificada pola Lei 12/2016, do 22 de xullo.

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión das axudas establecidas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018

Pois mais nada, xentiña.
Que teñades bon día ... e comentadelle estas cousas a xente que poida ter interese, que as veces por non saber se quedan as axudas no caixón.

Outras

Oficial

Asociación Acción Comunitaria Cultural das Coutadas.
NIF: G27853233
Núm Inscripción Rexistro de Asociacións Xunta de Galiza: 2017/201746-1ª
accioncomunitariacultural[arroba]gmail.com

Coin Marketplace

STEEM 0.20
TRX 0.13
JST 0.030
BTC 65017.48
ETH 3454.80
USDT 1.00
SBD 2.50