Home Meal Replacement : Tokenizando a comida para levar. // CriptoEncontro do Noroeste

in #criptofranchise8 years ago

O pasado día 25, acudín ó The Crypto Northwest Meeting para incorporar ó acervo da @accioncultural as iniciativas e movementos novedosos que se están dando na contorna achegada arredor da tecnoloxía blockchain.

As interesantes iniciativas plantexadas polos outros ponentes ficaron eclipsadas pola paixon da posta en escea e a mensxxe disruptiva de Quirze Salomó e a súa idea de tokenizar a cadea franquiciada da que é CEO.

Tokenizando Nostrum: Tokenizar as franquicias.

Ou mais concretamente, crear o modelo exportable de tokenización de franquicias que se aplicará inicialmente nos Restaurantes Nostrum, franquiciados de Home Meal Replacement.

Esta empresa, creada no 1998 por Quirze Salomó e o seu pai, conta con arredor de 130 estabelecementos en Catalunya, Andorra, Francia, Euzkadi e algúns no Estado Español.


Fonte da imaxe

...

Coa vista posta na internacionalización, decidiron tokenizar a súa actividade.

O novedoso de esta iniciativa, e que vai ser o caso da primeria empresa Catalana e do Estado Español cotizando no mercado bursatil (MAB: Mercado Alternativo Bursátil) que se lanza a tokenizar súa actividade coa pretensión de acadar unha recadación de 150 millóns de Euros co lanzamento de Mil millons de Meal Tokens con un prezo inicial de 15 centimos.
A blockchain e a descentralización, aportan un "aroma a libertade" que outros medios non permiten, decía Quirze Salomó, CEO de Home Meal Replacement.

Moitos dos usos pensados para estes tokens, pola contra, nos resultará a caseque todo o mundo familiar: En definitiva estas criptos serán usadas como puntos de fidelización o estilo TRAVELCLUB, pero con capacidade ampliada.

O punto innovador está na descentralización que implica o uso de unha blockchain e mais do propio token, sumado a actividade dos contratos intelixentes.

O desenvolvemento de esta iniciativa, leva aparelladas unha serie de cuestións:

O concepto de CriptoFranquicia

  • En calquera franquicia, a transmisión do coñecemento e o permiso de uso da identidade corporativa está suxeita a un canon de entrada en canto o franquiciado integrase na organización. Este canon de entrada se fará en Meal Tokens

  • A integración dos tokens na canle de distribución, permitirá a reposición automática de productos a repoñer en función do vendido.

  • Accederase a descontos especiais reservados ó "clube de siareiros" cando o pago se efectúa en Meal Token.

  • Os locais disporán de un monedeiro social onde a clientela pode deixar propinas en tokens. Ó importe das propinas deixadas pola clientela a empresa sumará o doble, e este monto será utilizado para axudar a familias vulnerables do entorno cercano e distribuido por voluntariado suscrito ó contrato de reparto do monedeiro social.

  • Crease un servizo de Smart Delivery integrado no monedeiro, onde a clientela (voluntariamente) fan entrega de productos a domicilios que lle quedan de camiño a cambio de Meal Tokens.

  • O token convirtese na ferramenta de incentivación da comunidade Home Meal Replacement

Conclusión:

Independentemente das cuestións regulatorias ou o epígrafe baixo o que deba ser incluida esta entrada de capital, a aposta realizada por Home Meal Replacement leva implícita unha reducción de costes na xestión da cadea de suministros e un importante avance no concepto de fidelización hacia a marca.
A posible dimensión de integración con outras blockchains, abren ademais un abanico e oportunidades en colaboracións cuxo único límite está na imaxinación.
Francamente, desexando ver isto en funcionamento.

  • Unha última cousa: Quirze, se cadrou que leeches esta pequena reseña e tes o monedeiro a man, mandame uns poucos de Meal Tokens o meu escuálido Metamask: 0x07005579F092f864EEFDFE49F42b944fF01f9495

Webgrafía:

Coin Marketplace

STEEM 0.04
TRX 0.33
JST 0.102
BTC 63928.05
ETH 1855.83
USDT 1.00
SBD 0.39